Mobilizaçom contra a campanha xenófoba anti-”top manta” do Natal na Corunha

Dezembro 31st, 2009 | maribolheras

neste penúltimo post do ano queremos dar os nossos parabens a GZvideos polo seu trabalho !!!! beijos

Ante a campaña de Nadal coa que Losada agasallou ao colectivo manteiro, provocando o aumento do control policial na Rúa Real e a dificultade e peligrosidade de sacar as mantas, e; ante a pasividade de boa parte das ONG’s e demáis institucións e asociacións locais (que din realizar un traballo de apoio ao migrante), as persoas manteiras xunto a asamblea aberta polos dereitos das persoas migrantes decidimos convocar unha movilización baixo o lema “Sobrevivir non é delito”

Movilización contra a xenófoba campanha dirixada ao top-manta este martes 29 de dezembro

Dezembro 28th, 2009 | maribolheras

NÓS SI QUEREMOS MANTEIRXS NA NOSA RÚA! SOBREVIVIR NON É DELITO NIN COMPETENCIA DESLEAL!!sobrevivir non e delito_09

sobrevivir non e delito_03


top-manta

mani-migrante

Envía o teu apoio individual e como colectivo a este manifesto ao mail asambleamigrantes@gmail.com

A asociación de comerciantes da Área Obelisco, movilizada polo discurso xenófobo do seu presidente Antonio Amor e co respaldo de Losada, o “alcalde de todos” (agás dxs “negrxs”), atopou un novo pretexto para librarse do colectivo manteiro durante o Nadal: a disminución das compras na Rúa Real é culpa da venda ambulante. O pequeno e medio comercio debería articularse e loitar contra quen o perxudica realmente; as cada vez máis numerosas grandes superfícies comerciais, e deixar de criminalizar ao colectivo máis vulnerable.

O alcalde da “cidade na que ninguén é forasteirx” trata de transmitir unha sensación de seguridade a unha parte da poboación, aos comerciantes da área Obelisco, a través da creación de inseguridade, medo e acoso permanente a un dos sectores máis desprotexidos, as persoas migrantes que sobreviven a través do top manta. ¿Quen se cre que estén empobrecendo e sendo competencia desleal para os negocios da zona?

Esiximos á alcaldía e á Subdedelegación de governo que deixe de antepoñer nas súas políticas, para lavarse a cara durante o Nadal, os intereses económicos dun pequeno sector da cidade instaurando formas de marxinación e regresión de dereitos das persoas sen papeis que loitan a diario para sobrevivir.

mani02

A Xunta está a piques de lanzar unha campaña de sensibilización para a integración intercultural: “sabemos o que é estar fora” que “busca apelar aos sentimientos e á hospitalidade dxs galegxs, aínda que non se detecte ningún problema de xenofobia en Galiza”. Denunciamos a farsa encuberta desta campaña na que se tenta a asunción dunha política aperturista por parte da poboación galega, mentres as institucións actúan concebindo as persoas migrantes como delincuentes ou como mera forza de traballo en función dos intereses económicos do momento.

Convidámoste a te movilizar para amosar o rexeitamento a estas políticas xenófobas e especialmente á esta racista campaña navideña o MaRteS 29 de decembro ás 19 da tarde no Obelisco.

Asamblea Aberta polos dereitos das persoas migrantes

Foro Galego da inmigración

manifestaçom contra o desaloxo da casa das atochas

Dezembro 26th, 2009 | maribolheras

as vossas leis nom cabem nos nossos sonhos!!!

GZvideos:

00-cso-casa-das-atochas

05-cso-casa-das-atochas

03-cso-casa-das-atochas

07-cso-casa-das-atochas

09-cso-casa-das-atochas

013-cso-casa-das-atochas

015-cso-casa-das-atochas

016-cso-casa-das-atochas

http://www.casadasatochas.info/

Tradicional mensagem do natal

Dezembro 22nd, 2009 | maribolheras

http://piadetolomei.blog.com/

maribingo do natal mais precário que nunca!!!

Dezembro 21st, 2009 | maribolheras

este domingo 27 de dezembro celebraremos no Garufa as 20:30 o MARIBINGO !!! vem tomar as uvas com nós, ademais de actuaçoms surpresas e umha cesta cargada de viandas anticrise!!!

prégase etiqueta perralheira

maribolheras

MANIFESTACIÓN CONTRA O DESALOXO DAS ATOCHAS

Dezembro 17th, 2009 | maribolheras

cartaz_mani2

SÁBADO 26 DECEMBRO
ás 17. 00 horas no Campo da Leña
Este sábado 26 de decembro hai convocada unha manifestación, á que agardamos asistades… Esta vez non se trata só de brandir bandeiras, senón de acadar algo: que non desaloxen a Casa das Atochas. E é que a inxusta xustiza comeza a activar o seu sucio engranaxe para botarnos, despois de case dous anos, e para impedir que construamos na súa marxe as nosas vidas, que intentemos camiñar xuntos cara unha vida máis libre. É momento de demostrar que non nos deixamos manipular tan fácilmente, que non somos marionetas no seu xogo de donos e escravos, que non cremos nas súas propiedades.

Por iso convocamos unha «solemne mani contra o desaloxo da real Casa das Atochas» na longa resaca do Nadal. Será un pracer para a asemblea compartir convosco, persoas, colectivos, nestas entrañables datas, esta xuntanza elaborada artesanalmente como antano, con ira e liberdade, contra o desaloxo, o aburrimento, os bancos, a lóxica, os cartos, as oposicións e a vida de ful, pola okupación, polas asembleas, pola igualdade, pola fraternidade, o aire… polo que non son gobernos, bancos, empresarios exemplares, vocacións, curros maravillosos, viaxes a Cancún, listas de boda… pol*s cormoráns, por tutatis, pola cara, polo santo punk, polas follas de herba, polo sagrado embigo, polas palabras tan grandes como liberdade ou polas palabras tan pequenas como cada unha das nosas vidas. Vinde ou enviade os vosos hologramas, ou anacos que desexedes mandar ou perder de vista. A rutina dos caciques non é a nosa lei; que o saiban.

E que non teñamos que arrepentirnos de non facer por manter unha casa na que ó longo de case dous anos estamos, estades a intentar vivir fóra da forma imposta. (Si, esa casa na que ti, jarcoreta, estiveches pogueando salvaxemente; na que ti, gafapasta, puxeches cara de interesante na presentación dun corto alternativo; na que ti, costra, entraches co teu calimocho e o bebiches dentro; na que ti, disidente, debatiches despois dunha palestra incendiaria; na que ti, voceir*, presentaches a publicación do teu colectivo; na que ti, jipi, compartiches o teu xantar e o teu sorriso; na que ti, gandul*, ganduleaches ás túas anchas e conseguiches sentir esa casa como túa …).
Traede ganas de cambia-lo mundo ou, no seu defecto, pancartas, silbatos, fachos …
http://www.casadasatochas.info/
http://www.myspace.com/casadasatochas

e hoje estamos de festa com ALDDAO as 9 da noite na casa das atochas

alddao


maribingo em FERROL este venres

Dezembro 16th, 2009 | maribolheras

cartel-bingo-ferrrol-blog1

mais info em http://piadetolomei.blog.com/

este mércores na casa-museo Casares Quiroga DEVIRES FEMINISTAS

Dezembro 13th, 2009 | maribolheras

devenires-feministas-todas

DEVIRES FEMINISTAS
reflexóns e olhares após as jornadas feministas de Granada

Casa-Museo Casares Quiroga (r/Panadeiras 12)
Mércores, 16 de dezembro, 19h.
Organizam: Universidade Invisíbel e Maribolheras Precárias

Nestes momentos o feminismo está a experimentar novas transformaçons que já se intuiam na expectaçom causada polas recentes Jornadas Feministas de Granada, onde participarom perto de 4.000 mulheres. Especialmente importante foi a presença do TransFeminismo, que acaparou um 30% das ponéncias e palestras organizadas. Para comprendermos estas mudanças, e quais som as perspectivas actuais do movimento, contaremos coa presença dalgumhas activistas que participarom nessas jornadas, assim como mulheres de diveros colectivos feministas. A intençom é abrirmos um debate  para seguir construindo entre todas a luita feminista.

A irrupçom do TransFeminismo e outras políticas queer, o debate entorno a qual é o sujeito político de feminismo, o qüestionamento do binarismo de gênero ou as intersecçons entre gênero, raça e migraçom som alguns dos interrogantes abertos. Poderemos conhecer de primeira mao todas estas qüestons no debate-colóquio que terá lugar este mércores 16 na Casa Museo casares Quiroga. Para esse dia contamos coa presença de:

CAFÉS FEMINISTAS (IRENE)

MARCHA MUNDIAL DE MULHERES (MARIOLA)

MOVIMENTO LGBTQ (MAI)

MULHERES TRANGREDINDO

NOMEPISESOFREGHAO

TRANSGALIZA (LAURA)

Manifesto para a Insurreiçom Transfeminista apresentado em Granada:

http://galiza.indymedia.org/gz/2009/12/21767.shtml

Ademais podedes aproveitar para ver as exposións sobre a historia do feminismo na Galiza e Mirada en construcción sobre a inmigración femenina que rematan o 20 e o 18 de dezembro respectivamente

igualdade

un zulo propio por IZTIAR ZIGA

Dezembro 11th, 2009 | maribolheras

un-zulo-propio

Já temos escusa para traer-vos de novo, ide preparando a maleta!!!!

Trás publicar Devenir perra, a nossa cara cadela Itziar Ziga junta nesta colecçom de textos breves, precários  e bastardos, materiais recuperados ao longo dos anos de múltiplas computadoras alheias, obrigada ao nomadismo e à precariedade que tenhem por costume amenizar a vida da autora.

Tania Head, Anna Ajmatova, Caster Semenya, Virginie Despentes, Rocío Jurado, Ocaña, Olympe de Gouges e muitas outras divas do seu particular altar punk povoam estas páginas onde a autora desfoga entorno às suas obsesons: o prazer das raras como vingança, a procura incesante de antergas cadelas, ecofeminismo lascivo e abrupto, a resistência contra o capitalismo patriarcal…

Porque, é possível escrever sem um cuarto materialmente próprio mas nom se pode escrever sem um precioso zulo interior.

Bendito feminismo, bendita Virginia Woolf!

Apresentaçom Mujeres preokupando #08‏

Dezembro 9th, 2009 | maribolheras
mujeres-creando-copia
VENRES 11 DECEMBRO
ás 20.30 horas
CSO Casa das Atochas
rúa Atocha Alta, 14, Montealto
presentación da publicación de MUJERES PREOKUPANDO 08, a cargo dunha compañeira de Girona.
Mujeres Preokupando #8. Barcelona, octubre 2009.

ademais haberá ceador vegano e festa feminista.

Publicacións á vosa disposición en: http://www.nodo50.org/herstory/