a cultura>>>>>pre<<<<okupa

Quen é a “Cultura Pre O(k)upa”?
A “Cultura Pre O(k)upa” seremos todas aquelas que nos recoñeceremos nunca iniciativa social, cultural e política autoorganizada por diferentes grupos e persoas da cidade que atravesan diversos ámbitos de idade e/ou adscripción.
Xuntámonos na preocupación pola realidade social e cultural da nosa cidade en xeral e do bairro de Monte Alto en particular. Xuntámonos na sinceira creencia de que o traballo en común, desde abaixo cuestiona directamente unhas institucións que non saben nin –semella- queren dar solución aos problemas de espazo que sufre esta cidade. Espazos no referente ao cultural, ausencia de lugares onde construir cultura desde abaixo. Espazos no político; na referencia a ausencia de marcos de participación activa para a xente nova. Espazos finalmente no físico, pola imposibilidade no acceso a vivenda no individual ou a xestión de espazos públicos no colectivo. Tendencialmente si pódese dicir que somos xente nova. Pódese dicir, porén, que temos un xeito novo de entender os espazos de/para a cultura e a luita social.
Que é a “Cultura Pre O(k)upa”?
A “Cultura Pre O(k)upa” pretende ser un revulsivo social. Un impulso colectivo. Pretende tomar e recuperar un espazo en continuado desuso para darlle vida mediante multiplas actividades culturais e sociais. A “Cultura Pre O(k)upa” será teatro, globoflexia, arquitectura social, música ao vivo, obradoiros, cinema. A “Cultura Pre O(k)upa” será graffitis, cultura urbana, propostas libres para a creación colectiva. A “Cultura PreO(k)upa” será un espazo físico e un territorio social aberto ao bairro e a cidade. Aberto as prácticas de quen así o quixer. Algo máis de dez días de actividades continuadas que seguro conseguiran prender –ainda un pouco- máis os momentos da proposta social. Os momentos da alternativa cultural nunha clave sempre propositiva.

Claves para comprender a “Cultura Pre O(k)upa”.
A “Cultura Pre O(k)upa” é unha luita que cuestiona a violencia inmobiliaria e urbanística. A “Cultura Pre O(k)upa” é unha realidade propositiva contra a especulación do territorio urbano. A “Cultura Pre O(k)upa” é un proxecto que trata de recuperar a vida e o bairro como espazos do común.
A “Cultura Pre O(k)upa” é un espazo aberto. Nunca algo noso, se non algo de TODAS.
A “Cultura Pre O(k)upa” é unha iniciativa aberta ao bairro e a cidade. A “Cultura Pre O(k)upa” habita un espazo concreto, pero excede este lugar. A “Cultura Pre O(k)upa” é un proceso que non empeza nin acaba nestas xornadas. É un proceso político, social e cultural. Un movimento que subvirte a realidade para construír aquí e agora momentos acorde cos desexos e necesidades da comunidade humana que habitamos.

O noso tempo é aquí, e comeza agora!
Assembleia da “Cultura_Pre_O(k)upa”
A Coruña 13-03-2008
Dossier Informativo Proxecto de revitalización socio-cultural para o barrio de Monte alto
http://aculturapreokupa.blogaliza.org/







































