pista número 3 a cultura****pre***o(k)upa

¿QUÉ É A POLÍTICA?
A deriva imparable cara o bipartidismo que caracteriza ó contexto político actual é unha clara mostra da condición mercantil do sistema democrático occidental e das corporacións políticas supervivintes.
Mentras a través da análise da simplicidade do discurso político contemporáneo descubrimos o baixo nivel intelectual dos chamados representantes do povo, que encaran a complexidade do mundo cunha actitude sempre reduccionista e homoxeneizante, é a través do desdibuxo das diferencias sociais, por un sistema a priori aceptado por todos, coma se produce este contexto de falsa crispación que agocha a verdadeira paz social e política na que o mercado e as corporacións políticas síntense tan a gusto. De non existir está tensión virtual faríase inviable a participación, e polo tanto o consentimento cidadán, nas "eleccións democráticas", ante o hastío de escoitar sempre as mesmas historias sen argumentos. Pero por outra parte, outro dos efectos desta falsa tensión é a desactivación e a apatía cidadán á hora de reclamar o seu papel no desenrrolo das cidades.
A política é un concepto ontolóxicamente moi lonxano de esta realidade dos partidos políticos e do sistema democrático actual, que fomenta un círculo vicioso de relacións de servidume entre as grandes empresas privadas, os medios de comunicación masivos e as corporacións políticas, cousa que tódolos cidadáns observamos continuamente con só botar unha ollada ós modus operandi destos actores mediáticos.
Os novos espacios sociais plantéxase entón coma alternativa ó sistema político establecido; coma o refuxio aberto ós colectivos antagonistas e ós cidadáns que queren participar na construcción do mundo de forma activa. Trátase por tanto dun proceso de normalización urbana das iniciativas populares inaccesibles para a cidadanía en xeral. Un espacio autoxestionado coma reivindicación dun campo de corpos políticos posibles no contexto da infantilización da política que parecemos abocados a habitar.
SEGUE ATENTX AS SEGUINTE PISTA...



















