13/03/2008

segunda pista a cultura::::pre::::okupa




¿QUÉ É A CULTURA?

Se fixéramos caso do modelo que propón a administración local da cidade, teríamos que pensar que a cultura e o regalo benintencionado que recibimos das fundaciós privadas, que a través de imposicións legais invirten unha mínima parte dos seus beneficios na creación de espacios regrados onde, a parte de cobrar e dirixir as suas actividades, proxectan unha falsa imaxe de servicio social mentras fan publicidade da súa marca. Se este é o modelo social e público da cultura, ésta debe ser algo relacionado con ler Caixa Calicia duascentas veces nun pequeno paseo pola cidade, con rexeitar ós artistas descoñecidos que non teñen un lugar nas súas fundacións, e con cambiar o nome do teatro público por excelencia da cidade cara o deste banco.

Se pola contra escoitáramos o que pensan os medios de comunicación, teríamos coma paradigma cultural a fórmula máxica dos programas da televisión nos que a fama chega sen esforzo e sen maduración intelectual; saberíamos entón que só fai falla pasar un determinado número de días controlado por un milleiro de cámaras e arropado por uns cantos expertos para que de repente o alma do xenio en calquer disciplina fora nosa.

Por outra parte, o modelo que propón o mercado basease na crecente comodidade cara á que "o progreso" leva as sociedades contemporáneas. Está falsa comodidade provoca a completa desintegración das colectividades humanas a cambio de permitir o consumo deshinibido de obxetos e productos da "industria cultural" convintemente empaquetados, nos que o nivel de identificación é superficial e excesivamente efímero. Como exemplo cabería falar do sucedido nun tempo record cos cines da cidade, que en poucos anos foron desaparecendo un a un ata quedar dous cines de compañías multinacionais onde o nivel tecnolóxico é tan insuperable coma o seu limitado nivel cultural.

Pola nosa parte entendemos a cultura coma un proceso colaborativo no que diferentes instancias das sociedades aportan accións e marcos de evalución públicos, cos ca xente poidamonós identificar e describir os matices da realidade cotián na que vivimos. É dicir, as nosas inquietudes están máis preto da paradoxa da participación que na lóxica do cidadán-consumidor. E así, as actividades destes días de acçom social estarán dirixidas a promover a cultura participativa, a visibilización das propostas marxinadas polas fundacións e o mercado, a verdadeira cultura popular máis alo do populismo, e a creación dunha plataforma onde poidan existir colectividades emerxentes e antagonistas tanto no contexto do barrio coma no presente global.

Como toda iniciativa realmente estimulante esta nom entende de espectadores espectantes. Polo tanto seguimos o chamado masivo para a participaçom da Cultura_pre_o(K)upa com a pista número 2. 
  

SEGUE ATENTX AS SEGUINTE PISTA...

infos em:
Escrito por maribolheras em 01:35:22 | Link permanente | Comments (0) |
Comentário
Escreva um comentário