24/12/2007

como passar um natal diferente

As Maribolheras Precárias e a Fundaçom Artábria danlles a volta ás tradicións natalicia

Redacción - 17:26 21/12/2007

Aínda que as festas do Nadal son, posibelmente, unhas das celebracións máis cheas de tópicos e de clixés, hai varios colectivos do país que se esforzan cada ano por organizar actividades alternativas, nalgúns casos paródicas. É o caso, por exemplo, de Maribolheras Precárias, da Coruña, que volven celebrar o seu Maribingo anual: unha festa presentada por La Talibana e Pia de Tolomei que contará coa actuación estelar de Tabata La Nuit.

O Maribingo das Maribolheras terá lugar o xoves 27 ás nove e media da noite no Garufa, e é obrigatorio asistir de 'etiqueta perralheira'. E, como mostra de que estas datas tan entrañábeis son o momento máis axeitado para as mensaxes institucionais, Pia de Tolomei ofrece a súa tradicional Mensaxe da Raíña: http://piadetolomei.blog.com/

Diferentes centros sociais de Galiza ofrecen tamén programacións que se saen do común nunhas datas cheas de papás noeis e de centros comerciais ateigados. Así, por exemplo, a Fundaçom Artábria presenta o concerto de Som do Galpom, o 22 de decembro; a emisión en directo dos partidos da selección o xoves 27; a segunda festa de karaoke Sing Star, o 28, a actuación de Machina, o 29, e, para rematar o ano, a Festa Hortera de fin de ano, a noite do 31 ao 1, con cotillón, sorpresas e a actuación de Grekas Maiden.


artigo publicado em vieiros

http://www.vieiros.com/nova/63061/como-pasar-un-nadal-diferente
Escrito por maribolheras em 15:00:01 | Link permanente | Comments (0) |
Comentário
Escreva um comentário