o mércores roteiro contra a violencia de xénero, convoca: Marcha Mundial das Mulleres

mmm

ROTEIRO REIVINDICATIVO

“Cinco son as mulleres que perderon a vida na Galiza no que vai de ano 2009. No mes de xaneiro, Maria Teresa Troncoso, en Nigrán (43 anos); no mes de Febreiro, Maria Socorro da Silva, en Ourense (26 anos); no mes de Xullo, María Luz Tapia, na Coruña (38 anos); no mes de Agosto, Ubaldina Pazos, en Coristanco (70 anos); no mes de Setembro, Laura Alonso, en Toén (19 anos). Repetimos e lembramos os seus nomes porque, xunto con elas, existen os nomes de miles de mulleres que cada ano presentan denuncias por agresión nos xulgados, constatando que a violencia contra as mulleres segue a ser unha realidade que non recua.”

A coordenadora comarcal da Coruña da Marcha Mundial das Mulleres, convídavos a todas ao roteiro reivindicativo que terá lugar o próximo mércores, 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, con saída da Praza Pontevedra ás 18:00 e chegada ao Obelisco, onde fecharemos a actividade e leremos o manifesto deste ano.

Percorreremos o centro da cidade parando en 5 pontos recordando desta maneira ás 5 mulleres asasinadas neste ano. En cada parada faremos diferentes accións, performances, e lecturas reivindicando a mellora ou creación das ferramentas necesarias para acabar coas raíces da violencia de xénero.

Deixaremos flores para cada unha das mulleres ás que imos homenaxear polo que vos agradeceríamos que participarades connosco e tamén trouxerades a vosa ofrenda.

Esperamos poder contar coa vosa participación neste percorrido de lembranzas e reivindicacións camiñando xuntas cara unha vida libre de represión e violencia.

Share and Enjoy:
  • Facebook

Deixe uma Resposta