
Xoves 19 de novembro ás 19:00 horas.
Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panadeiras, 12.
Palestra debate.
Violencia de xénero e mulleres migrantes: doblemente victimizadas e desprotexidas.
Marta Casal. Dinamizadora Proxecto Intercultural ADA da Concellaría de Igualdade e Participación. Acsur Galiza
Violencia simbólica hacia as mulleres inmigrantes: discursos e representacións mediáticas.
Marta Tudela. Responsable área xénero. Acsur Cataluña
Presentación Mirada en construción
Traballos de fotografía documental realizados por mulleres inmigrantes no marco do proxecto VEU DONA SUD. ACSUR Cataluña.
““Mirada en construción”
A fotografía documental baséase no seu compromiso coa realidade.
As autoras “tomaron” as cámaras de uso masivo como ferramenta de expresión para falaren a través delas e daren a coñecer unha mirada xenuina sobre os seus espazos cotiáns.
Universalmente, o ser inmigrante implica un constante ir e vir, un eu que se fabrica dentro dun marco de novas experiencias, prexuízos alleos e propios e ás veces coa sensación de non pertencer a ningún lugar.
Os traballos aquí presentados reconstrúense día a día como unha mostra da autenticidade ante os mitos e os tópicos mediáticos.
Enviamos enlace con información relativa ao acto central do 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero.
http://igualdadecoruna.blogspot.com/2009/11/acto-central-do-25-de-novembro-dia.html