
hoje començam as jornadas feministas!!!! vémonos por alí, deijamos a programaçom com maribingo incluido e a intervençom das maribolheras no relatorio sobre Identidade de xénero e sexualidades non heteronormativas onde falarán Rubem Paradela e Beatriz Suarez Briones, ademais estará a nossa amiga Beatriz Preciado que falará do regimen farmacopornográfico e moitas mais ponentes e artistas visita o programa com mais detalhe em
http://casamuseopardobazan.blog.com
Jornadas de conferencias, debate, teatro, danza e intervencións artísticas
3-4, 10-11, 17-18 setembro de 2009
“(…)propoñemos un achegamento ás cuestións de xénero a través de dous bloques temáticos, pioneiras e anónimas e feminismo(s), facendo un percorrido desde as primeiras loitas feministas do século XIX ata a actualidade, con especial fincapé no ámbito galego, tentando amosar unha panorámica ampla e plural (teoría, activismo, literatura, arte) por medio de conferencias, debates, teatro, danza e intervencións artísticas na rúa”.
obirgadas á coordinación de Xulia Santiso e Anxela Caramés polo seu trabalho
Hoje joves:

o resto da programaçom:
VENRES 4 DE SETEMBRO
21h- A cita por EXPERIMENTA DANZA-TEATRO
(Paraninfo da Universidade)
XOVES 10 DE SETEMBRO
PIONEIRAS E ANÓNIMAS
(Auditorio Real Academia Galega)
17h- Relatorio: Emilia Pardo Bazán e Rosalía de Castro
MARÍA JESÚS BUSTO FARIÑA e CARMEN BLANCO
19h- Mesa redonda: Traballadoras do fogar
XIARA, ACSUR, CENTRO ATENCIÓN HOGAR-CÁRITAS, NOMEPISESOFREGHAO
21h- maribingo por MARIBOLHERAS PRECÀRIAS
VENRES 11 DE STEMBRO
FEMINISMO(S)
(Auditorio Real Academia Galega)
17h- Conferencia: Tendencias dos feminismos no século XX:
ROSA COBO
19h- Relatorio:Revistas feministas galegas:
Festa da palabra silenciada (MARÍA XOSÉ QUEIZÁN)
e Andaina (NANINA SANTOS)
21h- Inauguración intervención artística:
MÓNICA CABO: Xogo de damas. Construción de espazos de recreación
(Muralla Hospital Militar- Fundación Luis Seoane, Paseo Marítimo)
XOVES 17 DE SETEMBRO
PIONEIRAS E ANÓNIMAS
(Auditorio Real Academia Galega)
17h-Conferencia: Apuntes sobre as orixes das reivindicacións das mulleres e as anónimas galegas:
AURORA MARCO
19h- Mesa redonda: Contenedor de feminismos/ O peche de Odosa
(As loitas das mulleres da Conserva na Comarca do Salnés durante os anos oitenta)
LOLI ROMERO LORES, CARME FERRO, MAR SUÁREZ, MARI LUZ GARCÍA VIGO, UQUI PERMUI, CARME NOGUEIRA
21h- Inauguración-peche intervención artística:
CARME NOGUEIRA: Contenedor de feminismos
(Obelisco, Cantóns)
VENRES 18 DE SETEMBRO
FEMINISMO(S)
(Auditorio Real Academia Galega)
17h- Conferencia: Réxime farmacopornográfico
BEATRIZ PRECIADO
19h- Relatorio: Identidade de xénero e sexualidades non heteronormativas
BEATRIZ SUÁREZ BRIONES e RUBEM CENTENO PARADELA
21h- Espectáculo teatral e musical:
Os dildos (Making-off de xénero) por CHÉVERE
(Paraninfo da Universidade)
ENDEREZOS:
- Casa-Museo Emilia Pardo Bazán e Real Academia Galega (R/ Tabernas 11)
- Paraninfo do Reitorado (Av. Maestranza 9)
INSCRICIÓN
As xornadas son gratuítas e de acceso libre.
Expedirase 1 crédito académico de libre configuración, que estase a tramitar coa Universidade de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.
Para obter o certificado de asistencia haberá que inscribirse indicando os datos persoais (nome, apelidos, tlf, e-mail) á Casa-Museo Emilia Pardo Bazán por tlf ou correo electrónico.
Casa-Museo Emilia Pardo Bazán
R/ Tabernas, 11
981207308
casamuseopardobazan@gmail.com
http://casamuseopardobazan.blog.com/