Arquivo para Junho, 2009

mani*fest*acçom transmaribolhera fotos e agradecementos para todxs

Domingo, Junho 28th, 2009
Obrigadas polo trabalho, pola luita e pola festa de onte; e a GZvideos por este video tam xulo!

Ai vai também a celebraçom em Madrid do dia da libertaçom transmaribolhera, sob a legenda ‘com fronteiras nom hai orgulho’:


mais fotos na margem dereita do blog

Agenda dos próximos dias

Terça-feira, Junho 23rd, 2009
Joves 25 de junho

19′30 no Forum Metropolitano: charla-colóquio “Outros Arcos Iris: Activismo LGTB de Salvador de Bahia-Brasil” com Otávio Reis Filho activista do grupo LGTB das Favelas de S. de Bahia.

21′30 na Casa das Atochas: videoforum Hotel Gondolin, Argentina, 2005

Documentário que narra a vida do Hotel Gondolin, umha casa okupada e autogerida por travestis e transgénero que se adicam ao trabalho sexual na cidade de Buenos Aires.
Projecçom e colóquio coas Maribolheras Precárias este joves às 21′30 (LSO Casa das Atochas)
http://www.casadasatochas.info/

Venres 26 de junho:

Maribolheras Precárias na Fundaçom Artábria. Participaremos dos actos que organizam conjuntamente Galentendo e a Fundaçom Artábria em Trasancos.
Palestra às 20′30: Visualizando a visibilidade
http://www.agal-gz.org/blogues/index.php?blog=37

Pola noite, na Praça de Azcárraga da Corunha, festa do Orgulho Gay organizada por 7 Cores e o Concelho da Corunha, coa Terremoto de Alcorcón, Barb@azul, DJ Tebas Vintage e DJ Jas
na Cidade Velha apartir das 22:30
http://grupo7colores.blogspot.com/

Sábado 27 de Junho
falta um dia para a mani*fest*acçom

20′30 saída da Mani*Festa*Acçom transmaribolhera do Campo de Marte
22′30 festa rachada no Campo da Lenha

Mércores 1 de Julho

21:00 no CS Propolis. Encontro entre Maribolheras Precárias e o Grupo Gai de Bahia do Brasil. Falaremos das diferentes realidades e activismos, da realidade queer das favelas de Bahia, do transgênero e da influência do Candomblê nas sexualidades afro-brasileiras ou da organizaçom do movimento LGBT e queer brasileiro. Estará presente Octávio Reis, activista do grupo LGBT das Favelas de Bahia. O mércores 1 de julho às 21′00 no Propolis.
http://porpropolis.blogspot.com/

obrigadas por resistirdes na romaria maribingueira

Terça-feira, Junho 23rd, 2009
O sábado passado tivemos umha romaria na Praça dos Avós, em pleno coraçom do bairro de Monte Alto. Foi umha noite inolvidável, onde resurgiu o espírito popular das merendinhas e das festas de Montealto. Queremos agradecer às mais de cem pessoas que celebrastes com nós a romaria a vossa alegria, esquecendo o frio e o vento da noite!!!! Estamos emocionadas !!!! Ai vam umhas fotos.

romeria binguera no Centro Cívico de Monte Alto

Terça-feira, Junho 16th, 2009

Este venres 19 de Junho vém desfrutar da Romaria e o melhor ambiente regado pola melhor música do momento, chama às tuas 80 melhores amigas para passá-lo Chúpi! trae o que queiras para comer, e umha MANTA para o chao.
Será na praça do Centro Cívico de Monte Alto, na rua Polvorim, máis conhecida polos Montealtinos como “la calle de la mierda!”

VIVA a santa precária de monte alto!! quantos milagrinhos nos fai !!!

video definitivo anúncio mani*festa*acçom queerunha 09

Sábado, Junho 13th, 2009
Depois das várias versons dos anúncios da mani*festa*acçom, estreamos hoje em primícia mundial no blogue o anúncio definitivo do 27 de junho. Obrigadas às cómpas que emprestarom atentamente a sua imagem e palavras para o video (Koldo, Del Lagrace, Gracia, Rober, Ferran, Pol, Marina, Miki, Sandra, Urko, Elena, Carol, David, Juana, Leil, Xabi, Chuse, Rodrigo, Lucía, Maria, o aparca-carros e a recepcionista de Porto). E obrigadas também à nossa incansável amiga Viti, pola logística, pola hospitalidade e polas horas botadas na ajuda de montagem. Estamos emocionadas e entusiasmadas pola colaboraçom e apoio, QUEEREMO-VOS MUITO!!

vinde á mani….acodide!

mani*festa*acçom na corunha o 27 de junho!!!

Sexta-feira, Junho 12th, 2009
Maribolheras Precárias convoca a umha reunióm prévia da mani*festa*acçom do 27 de junho aberta a todos os grupos, colectivos e espaços sociais que apoiam o acto e que estejam interessadas em realizar ou propór algumha acçom no percorrido da manifestaçom.
LUGAR: CAFÉ ALFAIATE (RUA SAM JOAM)
DIA E HORA : MARTES 16 DE JUNHO ÀS 20′30h

Definiremos o contido político da mani*festa*acçom*, as acçons a realizarmos e solicitaremos colaboraçom para a festa autogerida que se desenvolverá posteriormente no Campo da Lenha….



fotos da Apresentaçom em PROPOLIS e umha entrevista no Xornal de Galicia

Terça-feira, Junho 9th, 2009
Obrigadas ás compas de Propolis por compartilhar com nós as suas inquedanças e o seu espaço para falarmos das políticas transmaribolheras.
Ai vam umhas fotos da charla de onte


E ai vai a entrevista a maribolheras realizada por Anxela Caramés e Lucía Bello no mês de maio para o Xornal de Galicia

Obrigadas às duas pola vossa generosidade!!

O colectivo coruñés MariBolheras Precárias (maribolheras.blog.com) participaba a semana pasada na mesa redonda sobre o activismo homosexual, lésbico e transexual no Estado Español dentro do seminario O declive da ortodoxia? En torno ás políticas da diversidade sexual, coordinado por Juan Vicente Aliaga no CGAC.

MBP empregan o queer como arma política para a crítica social, porén que este cuestionamiento subversivo atravesa transversalmente as súas inquedanzas e reivindicacións, desbordando as problemáticas de xénero.

Sodes un dos primeiros colectivos queer do Estado Español, situados na avangarda do feminismo; como xurdiu MBP? Por que decidíchedes conformaros como colectivo?

MBP.O contexto político no que estábamos no 2004 era o do fraguismo no governo da Galiza e o vazquismo no governo local, nunha época na que o movemento LGTB só tiña como proposta política a formalización e institucionalización das relacions de parellas de gais e lésbicas. Parecíanos que centrar todas as reivindicacions neste tema levaría a desactivación do movimiento LGTB como un movimento de transformación social. Tamén era prioritario para nós pór ancima da mesa cuestións como a perseguizón de migrantes na cidade, a especulación que sofria o noso bairro ou a loita das persoas trans e intersex. Todos estes temas non formaban parte da axenda política de gais e lésbicas, cada vez mais gris, burocratizada e capturada pola lóxica do mercado. É nos queríamos facer todo isto e queríamos facélo dunha forma radicalmente diferente a como se facia dende outros movementos sociais: queríamos traballar en rede con estes movementos mas tamén abrirnos a espazos que non foran politizados antes e involucrar a xente que non facia parte dos mesmos.

Prácticamente case todos vós tedes un amplio pasado activista en difrentes frentes, cales son os vosos referentes ideolóxicos, políticos ou teóricos?

MBP.O grupo é pequeno mas diverso, hai xente que procede do antimilitarismo e do ecoloxismo, da loita pola defensa da língua, do movemento gai, ou do independentismo. Tamén na facultade comenzábamos a formar grupos de estudo queer, traíamos à biblioteca de Socioloxía todo o que se publicaba de Judith Butler, ou Monique witting. E tivemos profesoras feministas coas que descobrimos os debates que se estavan a dar dentro do movimento feminista. Descobrimos a Gayle Rubin, a Jeffrey Weeks e a toda a escola de libertari@s e radicais sexuais previa à teroria queer. Ademais, por aquela época, existía a Radical Gai ou o grupo de lesbianas LSD que foron os que iniciaron o movemento queer no Estado; tiñamos as suas publicacions ‘De un Plumazo’ e ‘Non-grata’, e foron o noso referente activista, xunto a grupos como ACT UP que desenvolvian naqueles anos unha actividade moi potente e orixinal.

A vosa práctica vital é indisociable da vosa militancia. Accións, festas e revistas unénse na vosa coctelera a través da performatividade. Ademais estades especialmente interesadas en colaborar con outros grupos, insistindo no traballo en rede. Polo tanto, en que consiste a vosa metodoloxía de traballo, como funcionades?

MBP.Non funcionamos como os vellos colectivos, que eran algo mais estable, mais identitario, con socios, cuotas e reunións semanais. Nós queríamos facer outra cousa. Somos un grupo informal, case un grupo de amigas, diríamos que unha ‘equipa vital’. Apartir dai tratamos de desenvolver unha subxectividade coa que se identifica muita xente. O núcleo duro somos 5, e nun momento determinado podemos ser 200. Ai están os logros do traballo en rede. O traballo mais local e de bairro é para nós fundamental. Traballamos ‘aqui e agora’ e facemo-lo ligando-o a unha perspectiva global. Neste sentido sempre traballamos no bairro de Montealto con outros colectivos, e ligados a experiencias como o Centro Social Atreu ou o LSO Casa das Atochas. A especulación e a precariedade afectan-nos a todas. Sentímonos tamén plenamente identificadas cos grupos feministas de nova xeración, como Lerchas ou Mulheres Trasngredindo con accións e políticas moi visibles e potentes. E temos un traballo en rede internacional através da Rede polo Descontrol de Xénero e Sexual onde traballamos con grupos LGTB, queers, feministas, trans, cunhas políticas moi afins, cunha independencia e traballo a nivel local moi parecido ao noso e cun potencial enorme á hora de convocar accions comuns en moitas cidades ao mesmo tempo. Cada grupo, ademais, traballa en rede a nivel local como nós, co que a potencialidade se multiplica de maneira extraordinaria.

A importancia da autorepresentación positiva é algo que tívechedes claro desde o principio, xerando unha imaxe das MBP que poderíase calficar case de corporativa no bo sentido. Que referentes estéticos manexades á hora de crear esa imaxe tan potente e claramente propia e recoñecible?

MBP.Tratamos de fuxir de referentes panfletarios. Non queríamos utilizar simbloxías excesivamente reiterativas e clásicas, a estas alturas vacias de contido real. Neste sentido tivemos mui claro que queríamos criar un imaxinario propio, que falara de nós mesmas, que tratara de reflexar un activismo oposto aos vellos sacrificios militantes. Queríamos unha simboloxía lúdica, e que ao mesmo tempo reflexara o contundente e o orixinal das nosas práticas políticas. Os nosos referente estéticos mais próximos viñan de grupos como Gran Fury o act Up, onde artistas e activistas producen mensaxes moi impactantes a través da cartelería, a fotografía, o collage, etc., os nosos referentes estéticos son mais colectivos que individuais aunque temos unha grande admiración por artistas como Del LaGrace Volcano ou Slava Mogutin e as diferentes visions que teñen das masculinidades, ademias de aportar umha força transformadora do género a través das suas miradas.

Poderíades adiantarnos o que estades a preparar para o vindeiro 28 de xuño? O día xa institucionalizado do Orgullo Gai e do que tedes unha opinión bastante crítica.

MBP.Para nós vai seguir sendo unha xornada onde non separaremos a festa da loita. Imos tomar as ruas defendendo os nosos corpos e praceres frente á morais alleas. O lema deste ano é ‘Dálle pracer ao corpo: a sua moral dános igual’. E vai ser unha mani-festa-acción aberta a todas as nosas redes e a todos os colectivos (feministas, Centros Sociais, imigrantes…) É un evento plantexado como construción colectiva ao que estades todas invitadas. Non só a asistir, senón a darlle o voso contido. Sairemos o sábado 27 de Xuño do Campo de Marte da Coruña.

Recentemente en Barcelona foi empregado o formato “maribingo” para a presentación da revista postporno LaCulo; a periferia exportando ideas á metrópole. Constatades resultados do voso labor e iniciativas, tanto a nivel local como nacional? Cales serían os vosos obxectivos?

MBP.Estamos mui contentas do trabalho realizado durante estes anos. Nós xa non falamos de periferias e metrópoles no movemento queer. Somos umha pequena, mas rabuda e potente comunidade global, e as práticas queer da Galiza som xá un referente neste movemento global. Hai un tempo recebimos unha invitación para apresentar o traballo de Maribolheras Precárias en Tel Aviv, onde o movemento queer traballa desde hai anos de forma de acción directas contra aocupación da Palestina. Nós estamos encantadas deste recoñecemento internacional. E estaremos rachando muros e fronteiras ali onde os atopemos. Por certo somos moi fans da revista C.U.L.O.

sábado 27 de junho MANI*FESTA*ACÇOM

Sábado, Junho 6th, 2009

avanço video v.01 vem à máni

avanço video. v.02 dá-lhe prazer ao corpo

avanço video. v.03 a sua moral dá-nos igual!

Com motivo do 28 de junho, dia da libertaçom transmaribolhera, Maribolheras Precárias quer convidar a todas as organizaçons, espaços e colectivos sociais, a apoiar e participar da MANI*FESTA*ACÇOM que sairá o sábado 27 de junho do Campo de Marte (A Corunha). Também estades convidadas a propór e/ou realizar qualquer acçom ou performance ao longo do percorrido (convocaremos umha reuniom nas próximas semanas para ultimar o contido da manifestaçom). Animade-vos!

Saímos às ruas baixo o lema
a sua moral dá-nos igual
dá-lhe prazer ao corpo!

Recolhemos apoios para inclui-los no cartaz até o MARTES 9 DE JUNHO como mui tarde, atravês do nosso email maribolheras@hotmail.com

difundide!

Apresentaçom de Maribolheras Precárias em PROPOLIS

Quinta-feira, Junho 4th, 2009

Invitadas polas amigas e amigos de PROPOLIS (Rua Barcelona 115) as maribolhis apresentaremos o nosso colectivo e as nossas inquedanças no centro social da rua Barcelona, um local consolidado como umha das experiências comunitárias mais vibrantes e dinámicas da cidade. Haverá projecçons do trabalho realizado estes anos polas maribolhis e muito debate entorno às luitas transmaribolheras e ao qüestionamento de gêneros e sexualidades. Nom faltedes! Invitade às vossas 80 melhores amigas!
Este luns 8 de junho às 21′30 em PROPOLIS (rua Barcelona 115)

http://porpropolis.blogspot.com/

Concentraçons na corunha e noutros lugares com Laura Bugalho. Estamos e luitamos contigo, Laura!

Segunda-feira, Junho 1st, 2009
Donosti:


Video e foto da concentraçom de Madrid:

Meia centena de pessoas concentrava-se à mesma hora em Zaragoza:

Laura Bugalho agradeceu emocionada os apoios recebidos por organizaçons de múltiplas ideologias desde distintas partes do mundo e lembramos que vamos estar pendentes e alerta de como se resolve esta situaçom. Continuamos luitando e estando contigo!!
Muitas Lauras precissa este país!!! obrigadas a todxs!!! Video e fotos da Corunha:


Este 3 de junho haverá outra em Donosti….