vaia dende aquí o nosso apoio a comisión de denuncia de Galiza e a PreSOS
Dende a Comisión de Denuncia de Galiza, temos que dar noticia dun feito
especialmente grave, por constituir un nidio exemplo de persecución aos
movimentos sociais críticos e autónomos por medio de criminalización dos
seus integrantes. Este vez o obxectivo é a asociación PreSOS, integrante
da Comisión de Denuncia e o ataque dirixese persoalmente contra un dos
seus fundadores.
Na noite do 30 de decembro de 2004, varios axentes axentes da Policia
Local de Santiago de Compostela detiveron utilizando a forza fisica dun
xeito absolutamente desproporcionado a un cidadán na Rua de San Pedro.
Varias persoas foron testigos da desproporcionada actuación policial,
entre eles o Presidente da Asociación PreSOS GALIZA ,Fran del Buey.
Fran del Buey tentou por medio de sua intervención mitigar a
desproporcionada actuación policial chegando a ser ameazado con ser
obxecto de detención, nembargantes manter unha actitude sosegada o
representante da asociación PreSOS ca forza policial.
A asociación PreSOS e no seu nome FRAN DEL BUEY presentou denuncia no
xulgado de instrucción.Coetaneamente, en virtude do atestado policial,
se lle aperturaron dilixencias penais ao cidadán agredido como autor dun
delito de danos.
A denuncia interposta por PreSOS determinou a celebración dun xuizo de
faltas contra os axentes da policia municipal. O xuizo estivo cheo de
irregularidades, chegando a manifestar unha testemuña que o
representante de Asociación PreSOS atopabase merodeando momentos antes
para roubar nos coches aparcados na Rua de San Pedro, nidia
manifestación de incredibilidade desta declaración.
Como é habitual nas interpostas contra integrantes de forzas policiais a
denuncia de PreSOS rematou con sentencia absolutoria para os policias.
Como resposta a esta actuación de defensa frente aos abusos policiais, a
policia do Concello de Santiago pretende devolver o golpe e presenta
unha querela contra o presidente da asociación de preSOS,imputando un
delicto de Denuncia falsa do art 456.1.2 do CP, coa imposición dunha
multa de 16 meses con cuota diaria de 12 euros e de Falso testimonio do
art 458 do CP. coa imposición dunha pena dun ano de prisión e multa de 4
meses a cuota diaria de 12 euros, ousexa 1440 €.
Mas, sumado ao ataque persoal, a meirande gravedade destes feitos deriva
de que se pretende, por medio da criminalización dos seus activistas, a
neutralización dunha asociación que leva 20 anos traballando na defensa
dos dereitos fundamentais da persoas, sen vacilar en denunciar ou
enfrontarse a calquera administración (tamen ao concello de Santiago) en
exercicio das suas finalidades estatutarias. PreSOS e a plataforma de
colectivos COMISIÓN DE DENUNCIA son organizacións autoxestionarias, que
non dependen de subvencións nen recoñecen fidelidades ou instruccións
externas e porén, a forma de facelas calar non é senon utilizar o
sistema represivo que teñen criticado ambas entidades de forma tenaz.
Lembramos hoxe a cita de Martin Niemoeller: primeiro viñeron buscar aos
comunistas e eu non falei porque no era comunista; Despois, viñeron
polos socialistas e polos sindicalistas ,e eu non falei porque non era
non o un nen o outro. Despois viñeros polos xudeos, e eu non falei
porque non era xudeo. Despois viñeron por min y para enton xa non
quedaba ninguen que poidera falar por mi.
Dende a Comisión de Denuncia non estamos dispostos a esperar que mañá o
obxectivo represivo sexa outr@ disidente diferente ao noso compañeiro.
Esperamos que vos tampouco.
Enderezos de correo de contacto:
comunicaciontorturas@cespp.org
comisiondenuncia@causaencantada.org
Comentários Recentes
Que significa libertaçom transmaribolle
Muitíssimas
Acción solid