Quarta-feira, Novembro 28, 2007

POLA DESPATOLOGIZAÇOM DAS IDENTIDADES TRANS E POLA INCLUSSOM DOS TRATAMENTOS NO SERGAS



A Organizaçom Mundial de Saúde (OMS) considera a transexualidade e o transgenerismo patologias mentais, classificando- os como "Transtornos de Identidade de Género" na classificaçom Internacional das Doenças (IC-10) e no DSM-IV. Agora que a Classificaçom Internacional das Doenças está a ser revista, exigimos que seja retirado o "Transtorno da identidade de género" deste manual, assim como a homossexualidade deixou de ser considerada umha doença por esta classificaçom nos anos 90. O posicionamento da comunidade médica pola desclassificaçom do "Transtorno da identidade de género" é fundamental. As pessoas trans sofrem nom por serem trans, senom devido à transfobia! Umha sociedade que patologiza a transsexualidade é umha sociedade transfoba!

Reivindicamos algo tam claro como o direito a construir o nosso próprio corpo sem ingerências externas, mesmo fora do binómio home/mulher se assi o desejamos. Os psiquiatras nom podem ser a polícia do género: som eles quem decidem o que é ser "home" ou "mulher" e como se pode ser "de verdade" home ou mulher. A diversidade de identidades é infinita e a realidade é que hai pessoas que já estám a construir o seu próprio corpo fora do binómio tradicional: mulheres com barba, homes com vagina, andróginos, intergénero. Reivindicamos a livre circulaçom de hormonas e e a autonomia da pessoas frente aos guardiáns da moral de género e sexual. A recentemente aprovada Lei de Identidade de Género segue a considerar as pessoas trans como enfermas, que precissam ser diagnosticadas (certificado de disfória de género) e tratadas (tomar hormonas obrigatoriamente durante dous anos) para poder "mudar de sexo". Nom todas as pessoas trans queremos isso. Alguns queremos hormonar-nos e outras nom. Umhas nom querem cirugia e outras si.
*Exigimos a inclussom de todos os tratamentos na sanidade pública, no SERGAS, fora do paternalismo da moral sexual e sem necessidade de certificados de disfória de género. Devemos ser nós as que decidimos que queremos mudar e que é o que queremos fazer. Exigimos profissionais da medicina, nom moralistas nem polícias da ordem moral!
Exigimos a livre circulaçom de hormonas.
Apostamos poque desaparezam as mençons ao sexo nos documentos oficiais.
Exigimos aceder aos tratamentos sem necessidade de certificado de "disfória"...porque nom somos enfermos mentais!


Transmaribolheras Precárias

COMPRA UMHA RIFA PARA A CURA DE REPOUSO, DESPOIS DA FESTA, NA CASA RURAL LOURAN




HORMONES NOW:


alt : http://www.youtube.com/v/vjQFui8vy4Y&rel=1
Escrito por maribolheras em 11:25:56 | Link permanente | Comments (0) |

Etica Marica, novo livro de Paco Vidarte (proximamente em galego)



tirado de: http://proxectoderriba.dsland.org/index.php?id=97

SUBLEVACIÓN POLÍTICA E ÉTICA MARICA

S. H.

Certo vicio literario, filosófico e tamén político da tradición dicía que un escritor, pensador, etc. debía pórse a analizar aquilo co que se atopaba. Esta análise debía ser, como é obvio, obxectiva e imparcial, dende unha posición fóra do terreo de xogo. Hoxe felizmente esta postura xa está superada, xa Nietzsche nos contou de onde saía a idea do eu, xa Foucault nos ensinou o oculto pero patente que estaba a posición de poder de cada cal, e xa fomos capaces de pensar que iso da verdade, a obxectividade, a análise desinteresada, etc. eran e foron sempre recursos contrarrevolucionarios, conservadores e ideoloxicamente cargados que se facían dende posicións vantaxosas que buscaban a súa conservación ou xustificación.
Dito isto, que hoxe en día, como digo, é evidente, resulta con todo difícil acceder a un discurso exento de pretensións obxectivas, análises de laboratorio, ou procuras de orixes, comezos e explicacións sustentadoras da realidade, explicacións da nosa orixe, do noso ser, ontoloxías do noso ser-suxeito, do noso pensar o mundo.
Se Marx pensaba que o suxeito era histórico, que se ía facendo ao longo da historia, facendo materialmente, mediante feitos fácticos, non mediante ideas, aínda así non foi este o seu maior logro, senón deixar constancia que ese suxeito estaba escindido en clases distintas (no seu caso, contrarias) que tiñan necesariamente que loitar entre si para soster uns, ou cambiar outros, o seu modo de vida. Por iso o importante de Marx ao noso entender non foi mostrar unha análise extraordinaria obxectiva das categorías que formaban e explicaban a orixe e mantemento do capital ao longo das súas distintas encarnacións. Non foi iso o importante, senón unha chamada á sublevación, á subversión das clases desfavorecidas. El mantívoa dende a obxectividade que lle daba a súa análise económica realizada ao capital. Pero hoxe en día, por exemplo Negri xa non se centra niso, aínda que segue pensando en categorías explicativas do funcionamento do capital transnacional. A clave para Negri é chamar ao levantamento das multitudes, porque el considera que aínda existe un suxeito político capaz de acción, e o seu optimismo é tan incurábel que até pretende a auto-organización de base dos movementos de resistencia ao sistema.
Ben, gústenos ou non, en todo caso non parece nada novo. Está asimilado dende a filosofía política, dende a militancia política anticapitalista, que o obxectivo é a sublevación xeral contra o capital. A discusión vén ao dilucidar se isto é un ideal regulativo, unha tendencia, unha posibilidade organizativa, un soño ou un pulo local e/ou global. Pero o seu punto de partida é a existencia dun suxeito pertencente a unha clase social, que é a que lle dá identidade, pois todo suxeito parte dunha pertenza previa a unha comunidade.

O que nos di Paco Vidarte na súa Ética marica. Proclamas libertarias para una militancia LGTBQ (Egales, Madrid/Barcelona 2007) é que existe unha comunidade á que pertencen millóns de persoas que é a comunidade LGTBQ (no seu caso, marica), e que é a condición previa que hai que asumir para poder actuar, para poder ser subxectividade marica. Existe unha subxectividade marica e como toda subxectividade non existe nin é porque si, senón que só é en tanto que fai, mentres constrúe algo, mentres actúa. E fóra do seu ser marica, trans, bollera, etc. non hai nada pois é esta comunidade a que o configura, a que o suxeita.
A posición de Paco Vidarte dende o comezo é absoluta, absolutamente subxectiva, individual, persoal e singular, diferencial. E é así porque unha marica non ten orixe nin debe buscala, non é antes de facer algo, ou si pero non importa; non é máis que unha posición ideolóxica conservadora a que nos di que existe a orixe, que é unha e que é identitaria.
Pero iso xa o sabemos. A novidade desta formulación tampouco vén de saber que non existe igualdade de carácter sexual no Estado español nin en ningún outro, nin vén en recoñecer que as dúas famosas leis aprobadas polo congreso español a favor da integración sexual non son máis que caramelos, lambetadas dadas a bocas famentas, e que tampouco solucionan nada pois a represión non está só nas institucións, tamén está na rúa e no bar. Tampouco ten de novo que busque a sublevación marica con respecto á violencia estrutural e institucional (tanto dentro como fóra do movemento LGTBQ). Nin que asuma que a posibilidade de melloras políticas sempre veñen unidas á decadencia da situación vital dun gran número de desfavorecidos que non poden permitirse pertencer ao grupo de cabeza, que quedan fóra.
Tampouco é novo ler nas páxinas de Ética marica que os LGTBQ sempre xogaron nas marxes, fóra de posibilidades, e que son disxuntos e diferenciais, como algo outro, distinto ao hetero, tan distinto que non se lle pode xulgar cos mesmos argumentos nin rexelos polas mesmas leis. Asúmese xa que o hetero non pode entender ao marica. A crítica interna vén do marica que tenta ser hetero... un hetero marica, adaptado ás leis hetero dos gobernos hetero. O que busca unha igualdade, igualdade identitaria, perfecta, redonda, sen diferenzas, falsa, porque é unha identidade escindida de antemán. Xa que o hetero dende a súa posición de poder quere comprender ao marica e quere comprendelo custe o que custe, a pesar de todo, sen diferenzas.
Se onde se chegou hoxe en día foi a todo o que se puido facer dende a negociación marica-hetero, é que necesitamos algo novo, unha invención dada, dende o primeiro momento que asumimos que é o marica, o trans, a bollera, etc. aquilo imposíbel, aquilo singular e diferencial sen orixe que só cristaliza como suxeito en acción. E se é así de nada vale unha negociación política de mínimos, senón unha produción continua de subxectividade queer.
E se non serviu o posíbel e debemos buscar o imposíbel, o marica non debe buscar unha ética pensada, feita co cerebro, senón como di Vidarte, unha analética feita co cu. E se a sociedade tratou aos LGTBQ como cans, haberá que facer unha política de cans, unha política cadela, sen complexos.
O obxectivo de Vidarte, como diciamos, é subverter a tendencia autocompracente do colectivo LGTBQ español, máis centrado agora na pelexa europea que nos problemas reais do día a día. E para iso fai unha deconstrución da acción marica, deconstrución afirmativa, como todas, cargada de xenreira, como moitas, e innovadora como poucas.
Porque, finalmente, o novo do texto é que sabe que non hai novidades que saen da nada, sabe que a novidade só sae de repetir, repetir e repetir, e nun deses momentos salta a invención, salta a novidade e dáse aquilo que non parecía posíbel, o imposíbel mesmo.
Con Vidarte aprendemos que a subversión e o ánimo do levantamento político tennos a moitos do mesmo lado, pero non por iso ímonos a guiar todos polas mesmas regras ou leis. Aínda que dende o primeiro momento esteamos compartindo un punto de partida, aínda que non negociemos con quen nos pisa a cabeza, aínda que compartamos inimigo.
En todo caso, a bandeira que levanta esta Ética marica é a da sublevación de clase, con conciencia da cadea que leva dende a opresión homofóbica á xenofobia pasando polo racismo e a explotación do traballador. O imprescindíbel para abrir o campo dunha organización de contrapoder é xustamente iso: ir contra o poder, de xénero, raza ou económico: O político.
Vidarte chama ao sistema, capital, imperio, etc. dun xeito moito máis suxestivo: A Becha, a Besta, a que todo o come, á que todo lle fai engordar. Isto no fondo non é máis que un manual de instrucións: todo cara dentro, nada para fóra, corpo cheo non dá para comer. Temos o mesmo inimigo, non somos iguais nin parecidos, non temos as mesmas intereses, pero sabemos que a Besta come todo o que nos tiramos os uns aos outros... recólleo do chan, cos feridos. Hai que probar a collela e tirarlle todo iso á cara a ver que pasa...
Manual de instrucións para a sublevación política dende a marxe LGTBQ: iso é a Ética marica de Paco Vidarte: parabéns!

Escrito por maribolheras em 04:39:32 | Link permanente | Comments (1) |

Terça-feira, Novembro 27, 2007

STOP deportaçons!!!! Nom às leis de estranjaria

Chega-nos esta info urgente da rede Ferrocarril Clandestino. Dous grupos de pessoas encerrarom-se esta manhá paralelamente em Madrid: um na parróquia de entrevias às 12h.,outro na oficina de estrangeiros do Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales ao redor das 15'00h. exigindo umha imediata soluçom à situaçom das pessoas agachadas em Sebta(marrocos):

A las 12 de esta mañana 37 ciudadanos bangladeshíes se encerraban en la parroquia de San Carlos Borromeo simbolizando los 37 compatriotas que en el mes de agosto tuvieron que huir al monte ceutí ante su inminente deportación: desde entonces se encuentran escondidos allí; el gobierno español tiene conocimiento de la situación y a día de hoy, pese a las presiones que un montón de ciudadanos llevan realizando desde el mes de septiembre, mantiene silencio absoluto sobre el tema.

Paralelamente a este encierro, otras 25 personas, sobre las 15h han entrado en la oficina de extranjeros del Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales. Cada persona llevaba un antifaz y una camiseta con el nombre de cada uno de los ciudadanos que siguen escondidos en el monte de Ceuta. Han desplegado una pancarta con el lema “No en nuestro nombre. Stop deportación” y se han gritado cosas como “la ley de extranjería es una porquería”, “1ª, 2ª, 3ª generación, todos somos hijos de la inmigración” o “Rubalcaba responde, que estamos en el monte”. Las personas allí encerradas no saldrán hasta que no haya una respuesta oficial por parte del gobierno.
La Red de Apoyo del Ferrocarril Clandestino tuvo una reunión el pasado 19 de Octubre con el Jefe de Gabinete del Ministerio de Interior, Gregorio Martínez, quien aseguró estudiar el caso y que sin embargo, a día de hoy, no ha dado ningún tipo de respuesta.

De las 37 personas bangladeshíes que huyeron en un principio, hoy 33 siguen escondidos en el monte: 3 meses viviendo a la intemperie en condiciones extremas, una situación que vulnera los derechos humanos básicos en nuestro país.

En estos momentos el encierro sigue: invitamos a todo el mundo a difundir esta noticia, a presionar con llamadas al Ministerio de Interior y a acercarse al lugar de este encierro en la c/ Serrano, 69 donde hay un grupo de apoyo fuera del edificio reducido. Toda muestra de solidaridad y apoyo es ahora mismo más que bienvenida.

La acción continúa
Escrito por maribolheras em 19:13:52 | Link permanente | Comments (0) |

Sexta-feira, Novembro 16, 2007

manifa antifascista

Frente ao fascismo: agora e sempre! Todas à rua!

Escrito por maribolheras em 00:12:11 | Link permanente | Comments (1) |

Quarta-feira, Novembro 14, 2007

os direitos trans som os direitos de tod@s

As compas do Bloque Alternativo por la Liberación Sexual convocam mobilizaçom em defessa dos direitos trans:



Trás as eleiçons gerais de 2004 algumhas associaçons de transsexuais iniciamos um processo de negociaçom com o actual governo em demanda da inclussom do tratamento sanitário da transsexualidade no Catálogo de Prestaçons do Sistema Nacional de Saúde, recolhido no Programa Eleitoral do partido socialista (página 32). Já no começo dos contactos o governo mostrou claramente umha posiçom contrária a tramitar  o compromisso, chegando mesmo a ocultar-nos o informe sobre transsexualidade elaborado em 2002 pola Agencia de Evaluación de Tecnologías Sanitarias del Instituto de Salud Carlos III, favorável à inclussom do tratamento integral (“se ha extraviado, no lo encontramos” apontavam). Durante toda a legislatura as pegas por parte do governo e do partido "socialista" para obstaculizar qualquer avanço nesta matéria forom múltiplas e constantes. 

Ao se reactivar a "negociaçom" por diversas iniciativas do movimento associativo trans, o Ministério de Sanidade propóm umha soluçom parcial consistente na designaçom de um ou vários Centros de Referência Estatal, que centralizariam a prestaçom sanitária trans. Esta proposta discriminaria às pessoas transsexuais que vivam alonjadas dos poucos centros de referência que se designem. A soluçom que o colectivo demanda consiste em acercar a atençom primária aos centros de saúde correspondentes ao domicílio dos solicitantes, que de facto já se está a realizar na prática, mas de jeito nom oficial, com as conseqüentes carências e dificuldades.

Especialmente chamativa seria a discriminaçom que suporia esta "oferta" para as pessoas que sofrem precariedade económica e nom podem afrontar os enormes gastos que supòm o traslado e a estância de vários dias no Centro de referência.

Esta situaçom de discriminaçom tivo e está a ter dolorosas conseqüências para as pessoas transsexuais que optam polo auto-tratamento, com o perigo de sofrer graves conseqüências para a sua saúde (subas de prolactina, tumores na hipófise, injecçons de silicona líquida que no pior dos casos se saldam com a morte, etc…)

Por outra parte o movimento LGTB oficialista em conivência com as servidumes contraídas com o governo socialista confundem à opiniom pública ao aplaudir a proposta de Sanidade como a soluçom acertada.

Consideramos inadmissível esta situaçom e como pessoas e colectivos que nos sentimos cercanos aos direitos das pessoas transsexuais, animamos-vos a que o próximo 16 de novembro apoiedes e dinamizedes a concentraçom frente à sede do PSOE em Madrid ao objecto de vissualizar estes direitos e contribuirmos à mudança de posturas.

http://aceradelfrente.blogspot.com/

As maribolheras fazemos nossas estas reivindicaçons exigindo também a despsiquiatrizaçom e despatologizaçom das identidades trans. Apoiamos a concentraçom do Bloque Alternativo e nos somaremos activamente às próximas mobilizaçons que se proponham entorno a este tema. Este mesmo venres, as maribolhis teremos um 1º encontro com as compas de Transgaliza para intercambiar impressons e desenhar as possíveis acçons a levar adiante.

Escrito por maribolheras em 17:30:27 | Link permanente | Comments (0) |

Segunda-feira, Novembro 12, 2007

Guerrilla Travolaka em acçom

emocionadas e maravilhadas polo vosso trabalho

Algo está a ocorrer no movimento queer. Nasce das trans-resistências à 
lei de Identidade de Género. É a rebeliom d@s disfóric@s

Está a nascer um novo conceito pluri-identitário e nom normativo do 
"trans". Umha deconstruçom brutal do sexo ou género "verdadeiros"....isto é só o começo

alt : http://www.youtube.com/v/bvQape2flL8&rel=1
Escrito por maribolheras em 02:19:04 | Link permanente | Comments (0) |

Quarta-feira, Novembro 07, 2007

JORNADAS: Género na Tecnocultura Audiovisual - GENERATECH!!


Ningún Lugar
invita a participar dumha jornada que terá lugar os días 6, 7 e 8, de Dezembro em Barcelona.

GeneraTech!!! 3 dias de :: Workshops :: Videos :: Performances :: Presentaciones nacionales e internacionales :: Mesas Redondas::

CONVOCATORIA ASOCIACIONES:
M
esas redondas sobre género, tecnología y estrategias político-visuales.
- Tecnologias libres aplicadas al trabajo asociativo
- Diseño de redes de trabajo audiovisual (libre y al servicio de la reivindicación guerrillera...)

Inscripción:: Abierta
Bolsas de Viaje (limitadas):: consultar en ningun_lugar(at)riereta(punt)net
(en principio podremos dar soporte al menos a 1 persona por asociación o colectivo fuera de Catalunya)
solicitudes hasta el 17 de noviembre
Lugar:: Hangar Passatge del Marques de Santa Isabel, 40., 08018 Bracelona

>>> Programa (sujeto a cambios y sugerencias)

CONVOCATORIA AUDIOVISUAL:
Enviad vuestras producciones para ser presentadas el dia Viernes 7 de dic.
Abierta hasta el 25 de Noviembre
Temáticas:: Género, Des-generate
LesbiGayTrans-fobia
Anti: heteropatriarcado, sexismo, machismo y cualquier forma de opresión de género
Licencia:: Licencias libres copyleft y creative commons.
Duración:: Max. 10 min.
Por favor indicar en que programa se realizó (propietario-libre) para hacernos una idea del uso de Software libre a nivel audiovisual. Gracias!

OBJETIVOS
  • Promover el uso de tecnologias audiovisuales en software libre entre asociaciones que trabajan temas de género.
  • Compartir nuestras experiencias locales.
  • Coordinar propuestas de campañas y acciones.
  • Crear un portal de contenidos audiovisueles de libre acceso en donde asociaciones, colectivos y personas que trabajan temas de género puedan difundir sus producciones audiovisuales.
  • Intecambiar material audiovisual entre asociaciones sobre sus experiencias, inquietudes relativas a tematicas de género.
  • Construcción de una red de asociaciones con el fin de crear un intercambio continuo de conocimientos y experiencias.
mais info:

http://ningunlugar-espaicultural.blogspot.com/2007/10/generatech.html
Escrito por maribolheras em 12:47:16 | Link permanente | Comments (0) |

Terça-feira, Novembro 06, 2007

umha história contada por Judith Butler

alt : http://www.youtube.com/v/DLnv322X4tY&rel=1
Hai umha história que ocorreu haverá uns oito anos. A de um rapaz que vivia em Maine. El caminhava pola rua abaixo dumha pequena vila na que habitara toda a vida. E el caminhava abalando as suas cadeiras, já sabes, de umha maneira "feminina". O rapaz medrou e, ao redor dos 14-16 anos, o seu contoneo volveu-se mais pronunciado. A parte feminina era mais espectacular, e começou a ser acosado polo resto dos rapazes da vila. Um dia 2 ou 3 rapazes atacarom-no. Interpusserom-se no seu caminho, empurrarom-no, botarom-no por umha ponte abaixo e morreu.
Temos que perguntar-nos por que alguém pode ser assassinado a causa do seu modo de andar.
Como pode ser umha maneira de andar tam abjecta como para que os outros rapazes sintam a necessidade de negar a esta pessoa, de fazer o que seja para que acave, para que remate essa maneira de andar? (...) Sentem-se obrigados a erradicar a possibilidade de que essa pessoa poda volver caminhar de novo.
Estamos a falar de um pánico extremo, profundo, umha angústia relacionada com a protecçom das normas de género. E como se alguém di "deves desculpar-te com as normas da masculinidade, ou do contrário morrerás" ou "eu mato-te agora porque nom te desculpas".
Temos de começar a perguntar-nos qual é a relaçom, a ligaçom entre a submissom às normas de género e a coerçom.
Escrito por maribolheras em 16:43:00 | Link permanente | Comments (3) |

Krónika urgente desde a transmaribolhobarcelona global

Dificilmente pode explicar-se com palavras tanta emoçom, tantas sensaçons, tanta recombinaçom de afectos, políticas e desejos como a vivida em Barcelona este fim-de-semana...



O joves à noite as maribolhis chegávamos a Barcelona.  Já no autocarro que colhíamos desde aeroporto encontrávamo-nos com um grupo de Panteras Portugal... temos tanto em comum!

Que absurdas som as  fronteiras que tratam de separar-nos!

Juntas chegávamos a um abarrotado Colectiu gai de Barcelona. A Kantina do local estava de bote em bote. Mais re-encontros, mais beijos, mais apresentaçons: os borrokas de EHGAM e Gaytasuna, Marco e as demais italianas de Antagonismo Gay e Facciamo Breccia, as queer aragonesas de Towanda... A essa mesma hora celebrava-se umha festa de bemvinda da Xarxa na mítica Bata de Boitinê do Raval; mas estávamos cansas e preferimos ficar no local do CGB coas nossas anfitrioas: Ferran, Pau, Vicent, Alex.... O Colectiu Gai de BCN é umha grande família. Desde que o seitor mais ácrata, aloucado e vitalista do FAGC escindira-se fundando o CGB, este local actual funciona na prática como um centro social marika, onde convivem históricos militantes que venhem de época da transiçom junto com novíssimos activistas. Ali estám as instalaçons da revista InfoGai, a Kantina com preços populares (as birras a 1'30!), sala de reunions, um pátio, os arquivos históricos do colectiu, ekogais, etc.

A manhá do venres as maribolhis aproveitamo-la para desfrutar de Barna: visita ao mercado da Boqueria, passeio polas Ramblas e um delicioso jantar a base de saladas e bocatas no Jasmine do Raval. Tinhamos que reponher forças para o começo da Xarxa.




A Xarxa arrincava às 17h cumha manifestaçom polo centro de Barna contra as torturas e assassinatos homófobos, e contou cumha perfomance realizada na praça de San Jaume polas compas de La Acera Del Frente, ligada ao espaço okupado madrilenho do Patio Maravillas. Durante o acto denunciarom-se casos de tortura com homofobia e transfobia como a do jornalista basco Martxelo Otamendi, a da trans aragonesa Tatiana fernández ou a do activista queer catalám Xavier Balagué. Também houvo umha lembrança especial para Gisberta, migrante sem papéis brasileira, transsexual, seropositiva e sem teito. Gisberta foi duplamente assasinada em Portugal, primeiro a mans duns adolescentes educados numha instituiçom católica, e depois, a mans dumha hipócrita reacçom social, judicial e institucional.








alt : http://www.youtube.com/v/pPk4ZdhErlA&rel=1
alt : http://www.youtube.com/v/MiBgn8BsJyc&rel=1
Mais videos no novo espaço maribolhero:
http://www.youtube.com/maribolheras

Umha hora depois começava a Xarxa nas instalaçons Do Euskal Etxea, com apresentaçons dos grupos presentes e diversas introduçons históricas dos movimentos radicais de libertaçom sexual desde Euskal Herria, Catalunya ou Grécia,  passando por alusons às referências transmarikabolhos do movimento antiglobalizaçom, desde Seattle a Génova. Sérgio, de Panteras Portugal, saltou-se o guiom para centrar o sentido do encontro numha reflexiom mui oportuna. O nosso caro Pedro, de Panteras Sevilha, recuperou a história da entranhável e canheira COFLHEE, da que alguns participantes da xarxa forom activistas, incluídas um par de maribolhis. A seguir, ceia de confraternizaçom num restaurante. O mestre de cerimónias foi Mikel de EHGAM e o despiporre provocado polo vinho peleóm terminou em festa espontânea nos postres....imaginades às maribolhis cantando o "Bandiera Rosa", aos italianos cantando "Viva a Crunha, viva Lugo..." ou aos madrilenhos cantando o "Eusko Guadriak"? Já animadas, a festa, os encontros, os intercâmbios de impressons e doutras cousinhas continuarom até bem entrada a madrugada na Kantina do Colectiu...

 

O sábado foi o dia "duro". 100 pessoas materializarom a "hipótesse donuts". Discutirom-se os diferentes textos apresentados e clarificarom-se alguns dos caminhos polos que transitará a xarxa. Poderíamos resumir alguns pontos:

precisso seguir afondando no carácter global da Xarxa; nom só num sentido geográfico, mas também no de seguir incorporando novas práticas activistas e políticas como motor do movimento. Já nom serve o velho LGBT lastrado pola hegemonia de varóns brancos gais, cumha agenda política afogada nas reformas legais, no mercado rosa e na institucionalizaçom. É urgente articular umha nova política na que apartir do género se abra um debate fundamental. O regimem político heterossexual está profundamente anclado no binarismio de género. O género é também o nosso campo de batalha. Também vê-se central a aposta polas diferentes subjectividades minorizadas: trans, migrantes sem papéis, seropositivas, trabalhadoras sexuais...Houvo também umha forte crítica bolhera. Só 12 das 100 participantes eram mulheres. Isto é a mostra de que dentro do nosso movimento seguimos a discriminar a outras, e fai-se urgente umha acçom radical neste sentido. A presença dos trans da Guerrilla Travolaka, as diversas experiências francesas ou o interessante devir de Panteras Portugal fam que as maribolheras atopemos grandes afinidades neste caminho. Neste sentido as maribolhis solicitamos a nossa incorporaçom à rede "Intertrans" e estamos em contacto com as gentes de La Acera del Frente para possíveis acçons colectivas que se definirám em breve. Isto implica um trabalho de posta em comum com as redes galegas.

*A Xarxa afiança o seu carácter horizontal, formado por grupos autónomos transmarikabolhos e activistas independentes que, à sua vez, participam de múltiplos processos e redes sociais outras.

*Definirom-se próximas citas:

*O próximo encontro da Xarxa terá lugar em Roma o 9 e 10 de fevereiro, coincidindo com a 3ª grande mobilizaçom No Vat, organizada por Facciamo Breccia. Será umha ocasiom imelhorável para ampliar as redes italianas e incorporar colectivos de Belgrado, Estambul, Atenas ou Zagreb. A seguinte Xarxa, possivelmente para depois do verám, terá lugar em Lisboa.

*A grande prioridade som os encontros de verám de Marselha, um dos núcleos mais potentes de elaboraçom política e de redes na actualidade. Som uns encontros autogeridos com dúzias de talheres e palestras na qual participam cada ano mais de meio milhar de pessoas. Activistas de todo o mundo, em especial da zona mediterrânea e das  ex-colónias francesas encontram-se num dos laboratórios políticos mais interessantes  do movimento queer, do que as maribolhis nom podemos já estar ausentes.

*este dezembro hai outras duas citas:
+Em Barcelona um encontro de género e software livre
+Em Lisboa a contracimeira euro-africana

De todo isto, e no que à valoraçom interna de Maribolheras Precárias se refere, tiramos as seguintes conclusons:

*É precisso seguir afondando as nossas ligaçons externas e participar das dinámicas deste movimento global.

*Valoramos a urgente necessidade de traer à Galiza para reforçar o nosso movimento os projectos activistas mais afins, especialmente Panteras portugal e Guerrilla Travolaka. Priorizamos a assistência a Marselha e à futura Xarxa em Lisboa.

*paralelamente vemos interessante a articulaçom dum espaço galego contra a opressom de género e sexualidade na que seria interessante contar com outras experiências, como o grupo de mulheres do Centro Social Atreu, as lerchas de Ourense, Raras Somos Todas, Andaina, Mulheres Transgredindo da Casa Encantada, Transgaliza... Quiça deste trabalho pudera surgir um chamamento, em combinaçom com diversos Centros Sociais, movimentos de precárias, etc para lançarmos entre todas um encontro global na Galiza...

O dia rermatou com um Euskal Etxea abarrotado por centos de pessoas numha das festas mais divertidas dos últimos tempos. Mas a cousa nom acavou aqui. O domingo, de resacom na praia da Barceloneta, um grupo de activistas decidiu levar adiante umha acçom contra a igreja católica. Na Igreja de Santa Maria del Mar diversas parelhas lesbis e homos passearom-se em plena misa das 8, sem ocultar as suas afectividades.
Porque a nós, a única igreja que nos ilumina é a que arde...




...e vaia se ardeu. Os murmulhos beatos deixarom constância de que
os nossos afectos som umha máquina de guerra ingovernável!!!

Obrigadas ao Colectiu Gai de barcelona, mais umha vez! alt : http://www.youtube.com/v/DJwl29t7-Qg
Escrito por maribolheras em 02:26:40 | Link permanente | Comments (2) |