Arquivo para Julho, 2007

II concurso maribolhero de fotografia. PARTICIPA!!!!

Terça-feira, Julho 17th, 2007

Ainda nom apresentache as tuas fotos? fai-no antes do 20 deste mes no Alfaiate. Estas som as regras para concursar:

As fotos tiverom de ser sacadas durante a manifestaçom que as MARIBOLHERAS PRECÁRIAS celebrarom o próprio 30 de junho (sábado) desde as 19.30.

Cada participante pode concursar com um máximo de 5 fotografias. (nom se recolherám fotografias em moi baixa resoluçom (sacadas co telefone…)

As fotos devem ir sem asinar. Os dados das participantes (nome, telefone de contacto ou/e email) irám num envelope fechado e pegado na parte traseira da foto.

O tamanho das fotos será A4 (+ ou -) nom tém por que ser num papel caríssimo, podes facé-lo imprimindo-as em fólios . Serám entregadas no CAFÉ ALFAIATE (campo da lenha) desde o 1 ao 20 de Julho.

As fotos serám expostas no ALFAIATE desde o 29 de julho ao 29 de agosto
Durante este periodo elegirá-se a foto ganhadora por votaçom popular

O autor/a da fotografia mais votada será obsequiado/a com um ESTUPENDO KIT VERANIEGO MARIBOLHERO
As concursantes que queiram recuperar as fotos poderam fazé-lo no ALFAIATE desde o 1 até o 15 de setembro..

 

QUEER PUNK QUEER FUNK. Brasil

Terça-feira, Julho 10th, 2007

 

O QUEER PUNK QUEER FUNK é um evento autônomo, anti-hierárquico e contracultural, feito de forma também autônoma, fruto de um trabalho coletivo e de uma criatividade que aflora e pede por respostas!
A intensão é trazer a discussão e a teoria Queer de volta para o seu lugar de origem, lugar este que nunca deveria ter abandonado - a rua.

Abandonemos , por ora, o conforto e a estrutura das desgastadas organizações tradicionais - universidades e centros homossexuais - deixando pra trás o peso de seus costumes enfadonhos e restritos.
Teremos o prazer então de abraçar carinhosamente o velho costume de quebrar as regras, seguir as linhas tortas e dar risada dos tristes costumes de uma sociedade hetero-patriarcal-branca-sem graça.

Abraçar o Queer nas frias ruas da cidade de Salvador!

Programação

Dias 20, 21 e 22 de Julho 2007 em http://queerpunkfunk.blogspot.com/

UM 28J diverso e com demandas

Domingo, Julho 8th, 2007
LIBERTAD SEXUAL // MULTITUD DE ACTOS REAFIRMAN EL CARÁCTER REIVINDICATIVO DEL DÍA DEL ORGULLO

Pedro Carmona, Redacción http://www.diagonalperiodico.net/article4304.html

En decenas de ciudades, el movimiento de lesbianas, gays, transexuales y bisexuales (LGTB)  llevó a cabo jornadas de movilización.

 

El 30 de junio, tres importantes manifestaciones cerraban un mes salpicado de actos, concentraciones, debates, cinefórums, fiestas y acción directa LGTB en toda la geografía del Estado. Convocada por la Comissió 28 de Juny bajo el lema “Constrúyete sin transfobia” y con la participación de más de 30.000 personas según los organizadores, la manifestación de Barcelona se consolidó como la mayor movilización no comercial LGTB de Europa y mostró un año más que el 28-J puede articularse en torno a demandas políticas sin participación empresarial ni financiación publicitaria y no por ello renunciar a un carácter festivo. La manifestación supuso el cierre de una serie de actividades celebradas durante las semanas anteriores en diversas ciudades de Cataluña, entre las que destacaron la manifestación unitaria en Lleida, con unos mil participantes; la de Girona (con 300) y la concentración de cien personas ante el Hospital Clínic de Barcelona, en protesta por la patologización de la transexualidad.

También el día 30, Maribolheras Precàrias convocaba por segundo año consecutivo, en Coruña, su Marcha Queer, que congregó a 400 participantes bajo el lema “La familia nuclear es radioactiva” y en la que, junto a otras actividades realizadas durante el fin de semana, confluyeron numerosos movimientos sociales gallegos. Este laboratorio de propuestas políticas rupturistas e imaginativas constituye ya el mayor referente del movimiento queer en la península Ibérica.

Por último, ese mismo día, la cita del Orgullo Europeo de Madrid se deshizo de su carácter más comercial en una gigantesca movilización en la que cerca de millón y medio de personas pudieron elegir entre el desfile de carrozas y la manifestación que lo precedía. El Orgullo madrileño parece haber recobrado este año parte del carácter activista que había abandonado a mitad de los ‘90, a pesar de que se enmarcaba en el macrofestival empresarial de ámbito europeo Europride, que en 2007 ha tenido su sede en Madrid.

Entre los participantes del Orgullo destacó el Bloque Alternativo (BA) que, respaldado por numerosos movimientos sociales de Madrid y la participación de 1.500 manifestantes, conformó bajo el lema “Orgullo es protesta” uno de los grupos más numerosos de la manifestación. Al término de la misma, el BA, como primera acción de Rompamos el Silencio, Semana de Lucha Social, interrumpió al son de batucada el desfile comercial en Gran Vía y bloqueó el paso de la carroza de la empresa Infinitamente Gay, ante la que formó la frase “Nuestros derechos no son un negocio”.

Según David Molina, del BA, “se puede observar una corriente emergente en el movimiento LGTB, y no sólo en nuestra ciudad, como indica que nuestra iniciativa contra la progresiva mercantilización del 28-J madrileño contara con la adhesión de 30 asociaciones LGTB de fuera de Madrid. En actos públicos LGTB de 14 ciudades se hizo público ese respaldo a través de la difusión de un comunicado unitario que, en Zaragoza, Coruña, Girona y Barcelona, la segunda movilización más importante del Estado por su tamaño, se leyó públicamente ante miles de manifestantes”. Molina es optimista ante las perspectivas de futuro: “Hemos notado un cambio de discurso por parte de las asociaciones más posibilistas. La propia ceremonia de inauguración de un gigante empresarial como el Europride estaba este año llena de alusiones a la homofobia, a Polonia y a los derechos humanos. Es la primera vez en más de diez años que la FELGT convoca no una ‘marcha’, sino una ‘manifestación’ en Madrid”. En las diversas actividades convocadas por el BA durante el fin de semana, participó el grupo Panteras Rosa de Portugal así como activistas de Italia, Suecia y Holanda. El grupo aragonés Towanda también acudió a Madrid para sumarse al BA, tras participar el 27 y 28 de junio en las manifestaciones de Huesca (con cien participantes) y Zaragoza (con mil).

“Esto no es suficiente”

Los actos centrales en Euskal Herria tuvieron lugar el mismo 28-J bajo el lema “Esto no es suficiente”, con manifestaciones que congregaron a unas 2.000 personas en Bilbo, a mil en Donosti, a 900 en Iruña y a 200 en Gasteiz. Se puso así colofón a múltiples actividades en ciudades y pueblos de cinco herrialdes durante todo junio, en torno a ejes como el 30º aniversario del movimiento LGTB vasco y el reciente suicidio del hernaniarra Aimar, víctima de la transfobia. Este año la Alpargata de Trapo -antipremio concedido en Bilbo por el grupo EHGAM- ha correspondido al Europride de Madrid “por convertir la reivindicación en un carnaval”.

En Andalucía, la Coordinadora Girasol convocó su manifestación central el día 23 de junio en Sevilla, la cual, con 500 participantes, fue escenario de la sorpresiva aparición de un Bloque Queer de clara inspiración en el BA madrileño. Girasol realizó concentraciones en torno al día 28 en Granada, Cádiz y Jerez, y prepara una manifestación en Torremolinos el próximo 14 de julio.

En Valencia, 12.000 personas participaron en la tercera mayor manifestación del Estado español, convocada por Lambda, grupo que durante junio también organizó actos en Alacant, Gandía, Mutxamel y Sagunt.

 

A Galicia libertaria e Monte Alto-Art

Sábado, Julho 7th, 2007

 

www.elpais.com/articulo/Galicia/Galicia/libertaria/Monte/Alto-Art/elpepuespgal/20070706elpgal_26/Tes

E foi entón cando Perla Torreiro, 70 anos despois, baixou as escaleiras a brincos, como cando era nena. O pelo branco, cando o pelo é tan branco que se volve unha cor alegre, xuvenil.
Xa era hora!
Ela naceu na rúa da Liberdade cando se chamaba rúa da Liberdade. Unha das primeiras medidas coa nomenclatura urbana por parte das autoridades fascistas foi ordenar o cambio de rúa da Liberdade por rúa da Disciplina. Tíñanlle ganas a Monte Alto. Porque a xente que nacía na rúa da Liberdade levaba ese nome calado até os ósos. Perla Torreiro criouse nesa rúa. Un dos días de terror viñeron e cambiaron a placa. Saña mesmo cos nomes. As cartas que levaban o nome de Liberdade eran devoltas.

O pasado venres, día 29, Perla Torreiro oíu un rumor de comitiva festeira na rúa. Estaba a preparar a cea. Mirou pola xanela. Había xente de todas as idades. Ocuparon a encrucillada. E entón Perla viu como un mozo subía unha escada, colocaba unha placa e tapaba a de Disciplina. Alí estaba o nome da súa rúa. O nome roubado. Perla Torreiro, nacida en 1929, nunca falara por un megáfono. O outro día, con 78 anos, pediuno e falou fóra de programa. Foi como se falara o lugar. Un pestanexar de xanelas. A palpitación dos vellos números nos portais. Estabamos en Liberdade, a carón de Igualdade. A Comisión para a Recuperación da Memoria organizou un roteiro marcha por lugares e casas significados deste barrio coruñés, de tradición anarquista. Se A Coruña, nas súas orixes, foi un burgo de veciños libres, non sometido a vasalaxe eclesiástica ou feudal, a xente que se asentaba no monte ou lugar do Faro, era da procedencia máis humilde e da estirpe máis indómita. Á historia do Monte Alto íalle ben de banda sonora o fado da “estraña forma de vida” e o “corazón independente“.

Unha táctica de guerra do imperio romano, cando á fin conquistaban o lugar rebelde, era decimar a poboación. Iso fíxose no Monte Alto e noutros barrios coruñeses como A Silva ou Santa Lucía. O Monte Alto cos seus ateneos de cultura popular. Os mozos da Xeración Consciente, das Xuventudes Libertarias, que entendían que había que “armarse” con libros. Onde vivían as impulsoras de Mulleres Libres. Os lugares do martirio foron os chamados Campo da Rata e Punta Herminia, no treito que vai de San Amaro á Torre. Naquelas calas e penedos era onde se bañaban os primeiros nudistas coruñeses. Os Pelamios, o Club do Mar, a praia das Cunchas, os penedos lendarios como O Cabalo das Praderías, eran espazos de lecer. Naqueles eidos, onde hoxe cae a urbanización de Durmideiras, íase construír unha cidade-xardín, con mil vivendas para traballadores, seguindo o modelo do Campo Volante ou Campo de Marte, que naceu como cooperativa obreira e que segue a ser modelo fronte á barbarie urbanística.

Esas e outras páxinas arrincadas da historia explicounas moi ben, in situ, o arquitecto Xosé Luís Martínez, o mellor coñecedor do libro da cidade. O impulsor destas vilas obreiras, con parque natural e dotación escolar, foi o socialista e concelleiro Ramón Maseda, asasinado o 31 de agosto de 1936, co alcalde Suárez Ferrín e con Martín Martínez, secretario do concello coruñés e vocal da Liga Española de Dereitos do Home. O ano 1937 foi especialmente cruel, coa caída de “casas anarquistas”. Como estudou Carme Blanco, nun traballo editado pola CNT, as mulleres anarquistas do Monte Alto foron trabe da resistencia.

Esas casas foron agora recordadas. Re-visitadas. Outro intre emotivo foi o que se viviu diante da casa dos Villaverde, na rúa Marconi. Alí falou un bisneto do histórico líder da CNT galega, José Villaverde. Era tal o seu carisma que, no cárcere, as autoridades franquistas déronlle a escoller: ou ser un xefe sindical do “novo Estado” ou a morte. Sabemos a resposta: foi asasinado naquel verán do 36. Da casa só queda o oco. Mais Villaverde deixou unha propiedade importante. A que custodia a súa filla Mariquiña. A maleta de Villaverde. Carpinteiro de profesión, traballaba de listeiro no camiño de ferro. Tivo a intuición de gardar esa maleta, con documentación imprescindíbel para coñecer aquel tempo. Esa maleta andou de obra en obra, pola Coruña, agochada por traballadores. Pasaron os anos e volveu ás mans da filla. Na maleta estaba a foto dos bañistas da Xeración Consciente, a ler na beiramar Tierra y libertad.

A DENUNCIA DO PRECARIO

O barrio non perdeu o espírito. Tivo un papel exemplar no movemento veciñal contra o franquismo e a primeira conquista da asociación foi unha biblioteca no Campo Volante. E hai que lembrar o papel do ateneo Mil Lúas, pechado por indefensión burocrática, que tivo moito que ver no actual renacer do barrio. A marcha roteiro polos lugares libertarios non era a primeira que percorreu Monte Alto. Pola contra. O xeito de estar en Monte Alto é o “andar a pé”, o facer dos desprazamentos, das rúas, unha experiencia. En pedante, unha perfomance. O barrio está a converterse nun grande obradoiro de expresións creativas. Os alugueres son algo máis económicos que noutras partes da Coruña, mais hai que subir as escaleiras das casas vellas sen elevador. Tampouco está á marxe da presión especulativa, pero mantén a personalidade. Alí está o coro máis antigo de Galicia, o Cantigas da Terra, participando nos actos da memoria libertaria. Históricos bares e cafés, onde andaron os membros de Renacimento e Pensamento e Acción, en alternancia xeográfica con novísimos pubs onde atopar os herdeiros da Antorcha Galaica do Librepensamento.

Ao día seguinte do roteiro da Memoria, o día 30, celebrouse a Gran Marcha Queer das Maribolheras Precárias. Un xeito diferente de celebrar o chamado Día do Orgullo Gay. O vencello entre a liberación sexual e a denuncia do precario, que domina as condicións laborais, o acceso á vivenda, o medio ambiente. Lemas e retrousos houbo moitos. Berrouse, por exemplo: “Pracer anal contra o Capital!” ou “Fóra as vosas leis dos nosos corpos!”. Alí estaba o espírito dos entroidos de Monte Alto. Hai fíos de vida, a comitiva de Dioniso, que nunca se perden. Nesta ocasión, o deus festeiro era García, o cantante rapeiro de Dios Ke Te Krew. Un memorábel celebrante. Extraordinaria a súa versión en hip hop de Lingua proletaria do meu pobo. O Monte Alto de hoxe vai collendo a fasquía, no mellor sentido, do que foi no seu tempo o Barrio Latino de París, sen perder a alma popular. Monte Alto-Art. Que ben lle vén ao clima atlántico a rebeldía con alegría!
Manuel Rivas

armário, para que?

Quarta-feira, Julho 4th, 2007

Nova acçom das nossas queridinhas Lerchas: Ourense chimpa co armário!!!

http://lerchas.blogspot.com/

um vendaval de vento, chuva, cores e amores despeinou este sábado aos Curuñeses de Toda la Vida

Quarta-feira, Julho 4th, 2007

 

alt : http://www.youtube.com/v/p50C2EXQKak

Video de maior resoluçom e qualidade em:

http://gzcontrainfosgz.blip.tv/file/288388/

obrigadas a todas as artistas que actuarom no Campo da Lenha e no passa-ruas

Terça-feira, Julho 3rd, 2007

 Isabel Risco!!!! insuperável a apresentaçom, es o máximo graças, graças e mais grazas

Lucia Aldao, a nossa musa, que grande es, cajho na cona!!!

Clara, obrigadas, para nós um amor a primeira vista, cacho actuaçom com umha generosidade daqui a compostela!!! beijos: agora ja te temos fichada!!!

Frau Diamanda, a trans-performance com mais glamour do continente americano

Tábata la nuit, aos teus pes como sempre, rainha da copla e parte da nossa família maribolhera

Garcia a voz e commocion aos platos animarom a mani em todo momento, um SOUND SYSTEM tremendo

As FEMME FATALE vinherom coas suas melhores galas para festejar com nos este dia

E também obrigadas a dj Analis, dj sun-cheese e dj automatiques por fazer-nos bailar !!! E a toda  gente que currou nos turnos de balcom, na recolhida ou na organizaçom de todos estes dias. Obrigadas a todas.

fotos mani queer precária corunha 2007

Segunda-feira, Julho 2nd, 2007

O SÁBADO 30 as maribolheras precárias saimos à rua coa ajuda de colectivos como invissíveis, o CSA Atreu e muitas pessoas que ajudarom a fazer deste dia umha jornada de libertaçom nas ruas da QUEERUNHA.

Video roda de imprensa maribolhera no CS ATREU! http://www.youtube.com/watch?v=DvImbR9MSeQ

Video da mani grabado por um dos participantes a mani, góstanos moito mil beijos maribolhos http://www.youtube.com/watch?v=p50C2EXQKak

 

a seguinte foto é um presente para a nossa carmina, nena quantas bolas chinesas colgadas da jhorsia!!!!!

 

Umhas horas antes, na manhá do sábado, e com o colectivo invissíveis e precárias em loita, desenvolveu-se na rua um obradoiro de criaçom de faixas para os protestos da manifestacçom da tarde, assim como para a melhora do aspecto da fachada de um emblemático edifício corunhês, antes pertencente á igreja e agora nas maos dumha imobiliária que pretende apoderar-se de toda a maçá de edifícios históricos e muito máis harmoniosos para um urbanismo habitável, e converti-la num novo crime em clave de edifícios de luxo.

Música e performatividade como aperitivo para umha máni, a desta tarde do sábado 30 de junho, que fala em clave de desobediência e rebeldia, de desejo e de libertaçom, e que durante duas horas mudará os ritmos da cidade, trocando a corunha por queerunha, a normalidade pola trasgressom da norma…

Okupando a rua, okupando os espazos, okupando os géneros, libertando as nossas vidas…

O venres celebramos umhas jornadas entorno ao género com Mulheres transgredindo de Compostela e as Lerchas de Ourense. Frau Diamanda, umha artista trans-performance peruana amosou-nos o seu trabalho.

Mais tarde saimos a rua, em colaboraçom com o colectivo de precárixs `Invisíveis´ realizou-se umha acçom sobre a tristemente célebre efígie-homenagem ao fundador da legiom, Millan Astray. TRás `vesti-lo´ com um tutu , passou-se a apresentar o trabalho `pos-porno` das nossas amigas  Girls Who Like Porno (porno que se fai e desfruta desde fora da lógica patriarcal imperante do mercado).

Trás umha hora de música e imagens absolutamente irreverentes, festinha, viandas e demáis decidiu-se finalizar a emissom tras a insistente acçom da polícia que literalmente falou `dum contido excessivo (perverso) que molestava a um vizinho; nom molestava o ruído do gerador ou a música, mas os videos pós-porno!!!!

e também temos fotos da nossa amiga rizlinha em desejo…

http://picasaweb.google.es/rizlinha/Queerunha07/photo#5082197039736361058