19/06/2007

Por que non podes faltar o 30 de junho?¿?

 

Con motivo do Dia da Liberación de maris, bollos, trans e outras disidentes sexuais, saímos à rua baixo o lema "a família nuclear é radiactiva"...

...Por que non podes faltar?

Porque queremos reivindicar e facer presente outras formas de entender os afectos, os corpos e os praceres

Porque queremos unha sociedade livre de etiquetas de xénero, que limitan a nosa imaxinación, a nosa curiosidade e os nosos desexos

Porque queremos berrar: Abaixo as Barbies, Arriba as Barriguitas!

Porque non queremos que as nosas identidades as marquen o capital, os concursos de beleza, a moda DolceGabana ou os gallumbos Calvin Klein

Porque seguimos vivendo unha heterosexualidade hexemónica, onde o modelo de vida que se nos propón é o do matrimónio decente con casa, carro e hipoteca durante 60 anos

Porque boa parte da potencialidade transformadora do movimento gai foi desactivada polo mercado; um mercado que, pese aos seus destellos, fai da vida precariedade. As nosas vidas non teñen nada que ver cos anúncios que saen en Zero ou que se ven por Chueca. As nosas vidas están marcadas polos soldos que non chegan a fin de mes, polas vivendas imposíveis e por un futuro incerto

Porque  pese a todo, queremos viver livres, desfrutando, sendo felices e tomando as riendas das nosas vidas

Porque o vamos pasar teta, vai ser un festón e vai arder Corunha!

Porque as ruas son nosas e vamos pintá-las de rosa

Porque as nenas marimachos e os nenos mariquitas seguen a sofrer as burlas e o acoso dos seus compañeiros nos colexios

Porque a homofobia segue a estar presente como forma de discriminación laboral e social

Porque a direita moral segue dando a lata, tratando de impoñer os seus "valores familiares"

Porque pese ao que digan a Igrexa ou Ana Botella, nós reivindicamos follar con quen nos peta

Porque os amores, os afectos e as sexualidades entre mulleres seguen sendo invisíveis, autenticamente invisíveis nesta sociedade: as bolhos e mulheres bisexuais existimos!

Porque queremos mais, muito mais, que unhas tendas e unhas discotecas:

Queremos unha terra marica e un mundo bolhero. Queremos construir, aqui e agora, outros modelos de sociedade, outras formas de relacionar-nos, outras maneiras de viver e de amar

MARIBOLHERA NON É UNHA ETIQUETA: É UNHA DESORDE GLOBAL

Sábado 30 de xuño. Saída às 19'30 do Campo da lenha (Pza de españa)

*maribolheras.blog.com *invisibeis.blogaliza.org *aderiva.net

Escrito por maribolheras em 13:43:55 | Link permanente | Comments (2) |
Comentário
1 - ola! unha páxina na opinión de hoxe con foto da mani do ano pasado. O que non sabía era que Lucía Aldao era unha travesti peruana. Por certo, alguén me pode dar o seu correo para enviarlle as fotos de san xoan? Recordamos a súa frase no momento de sacar a foto: "Envíama ao correo!" (Comentar)

Escrito por: Rosalía em 2007/06/27 - 10:41:10
2 - aqí a travesti peruana: lucialdao@yahoo.es
en fin...
bico (Comentar)

Escrito por: Anónimo em 2007/07/01 - 23:21:31
Escreva um comentário