campanha em defessa dos direitos sociais das pessoas pressas
Vaia desde aqui o nosso apoio ao curro que está a fazer a mesa de trabalho SIDAGALIZA
promove:
PreSOS Galiza + Comité Antisida de Lugo apoian: Mesa SIDA Galiza + A Casa Encantada + Coordinadora Estatal de Solidaridad Persoas Presas
Dende a Mesa de Traballo SidaGaliza os informamos do inicio da Campaña en defensa dos dereitos sociais das persoas presas, campaña que os pregamos apoiedes e difundades no voso entorno, ate que esta Inxustiza se repare.
Como moit@s de vos xa sabedes, as persoas que permanecen presas nas cárceres da Galiza, que teñen un grao de minusvalía igual ou superior ao 65%, están a cobran unha pensión non contributiva, prestación inferior a que perciviría calquera persoa que reuna os mesmos requisitos e que se atope en liberdade.
Así a Xunta de Galiza coa Vicepresidencia da Igualdade a cabeza, lles está descontando as persoas presas da xa exigua prestación, o que considera gastos de manutención. Esto significa que a Administración Autonómica, realiza un desconto “Ilegal” que vai dos 3 aos 6€ diarios, dependendo de varios factores, como son: o número de persoas presas nesa cadea, a idade, a permanencia ou non na enfermería, etc.
Como resposta cidadán, estanse recurrindo os casos individuais que imos coñecendo; impugnacións que nalgúns casos foron favorabeis as nosas Tesis e que permitiron que por Orde Xudicial se lles devolvan os cartos “Usurpados” aos/as presos/as, restablecendo integramente as suas pensión. Tamén a nivel xeral recurríronse directamente ante o Tribunal Supremo e o Xulgado Central do Contencioso as circulares “ilegais” emitidas polo IMSERSO, co obxeto de impedir e subsanar este atropelo aos dereitos sociais das persoas presas.
1. Creación dunha Mesa de Negociación entre o Goberno galego e as entidades sociais representativas dos dereitos colectivos dos/as penados/as.
2. Elaboración dun decreto polo que se acorde a inaplicación dos seguintes regulamentos ilegais: Circular denominada “C riterio e mitido con fecha de 8 de marzo de 2001 por la Secretaria de Estado de la Seguridad Social sobre derecho a pensión no contributiva de quien está internado en un establecimiento penitenciario”, por vulneraren o principio de legalidade e seren contrarios ambos ao mandato constitucional dos artigos 25.2 e 15, así como ao disposto no R.D. 357/91.
3. Valoración económica dos efectos perniciosos para a economía e a saúde da poboación penitenciaria derivados da perda ou redución da PNC desde o ano 1993 até a actualidade. Cuantificación global da poboación reclusa afectada pola norma. Efectos “ad extra”. Reparación e indemnización dos danos individuais.
4. Notificación expresa e sistemática aos/ás afectados/as (con caracter previo) tanto das circulares coma do dereito de inaplicabilidade da circular ilegal.
5. Comunicación pública da decisión.
Os SOCIAIS QUE CONFORMAMOS A MESA SIDA GALIZA, E DA CESPP manifestamos que, dado que os feitos alegados revisten a gravidade de veren vulnerado un dereito constitucional, EXISIMOS A XUNTA DE GALIZA e particularmente a Vicepresidencia da Igualdade, a fin de que dea cumprida contestación a estas demandas . Informando publicamente que os/as cidadáns/ás afectados/as por esta medida (directa ou solidariamente) adoptaremos todas aquelas medidas de MOBILIZACIÓN SOCIAL, POLÍTICA e XURÍDICA necesarias co obxecto de restablecer os dereitos macelados, reintegrar e indemnizar as cantidades ilegalmente apropiadas e depurar as responsabilidades (penais e civís) nas que puidera incorrer tanto a administración autonómica coma a central na xestión das prestacións non contributivas das persoas presas por vulneración grave dos artigos 25.2 e 15 da CE.
mais info:
www.presosgaliza.cespp.org
PreSOS Galiza
Rua Betanzos 35, baixo–Compostela [15.703] (Galiza)
Comité Antisida
Apartado de Correos 665- Lugo [27.080] (Galiza)




















http://www.galiza.indymedia.org/gz/2006/12/9420.shtml (Comentar)