precárias
La galería de maribolheras en Flickr.

hoje estamos de estrea, please muda o teu link das maribolheras, a novo blogue é www.maribolheras.com
unha nova cara con todos os contidos, videos e post dende o ano 2006, visítanos e inaugura os comentarios
beijos e benvidxs !!!
daremos de baija este blogue em poucos dias
os novos post em maribolheras

Queridos Amigos de Eve:

PARABENS!!!!!!!!!!
sábado 13 de marzo
Enderezo: praza das Mulheres Livres (antiga rúa Atocha Alta, 14)

ás 12.00 horas TEATRO para cativ*s
ás 14.00 horas COMIDA, NOM BOMBAS
ás 16.00 horas presentación da MOSTRA de carteis e fanzines dos movimentos políticos da cidade e presentación do 1º número do voceiro da casa LUME.
ás 17.30 horas ENCONTRO DE OKUPACIÓNS (presentacións e debate): participará xente das okupas de Pontedeume, Vigo, Marín e Compostela. Ademais están convidad*s os seguintes espazos:
C.O.K.O. La Kondenada http://cokolakondenada.blogspot.com/ Madriz
C.S.O.A. La Casika http://lacasika.ourproject.org/ Móstoles
C.S.O.A. Mácula http://www.lamacula.org/ Madriz
LA RUDA, Madriz
22.00 horas CEA vegán a base de petiscos
e a noite FESTA RACHADA
Data: domingo 14 de marzo C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praza das Mulheres Livres (antiga rúa Atocha Alta, 14)
ás 14.00 horas XANTAR
ás 17.00 horas CAMPIONATO DE MATRAQUIÑO
ás 19.00 horas presentación a partida colectiva do xogo OKUPOLY
Haberá disposto sitio para durmir.
Unha forte aperta
beijos, este 8 de marzo compartimos con todas as ganas de celebración e loita feminista…
celebrando os 100 anos do 8M !!! from Recdeiras
deijamos tamém o podcast de radio cuac, um especial sobre o 8 de março, onde entrevistam a varias companheiras da plataforma feminista da queerunha em plena celebraçom !!!!
Estes dias, de maneira descarada, a associaçom de comerciantes da Rua Orçam e mais a associaçom de vizinhos andam a criminalizar às putas que trabalham nos bares e hostais da zona; e o concelho, como Pilatos, lava as mans dizendo que é um tema que tem a ver com várias administraçons e Dptos.. ….
Dizer que estas trabalhadoras vendem drogas é criminalizá-las, porque podem vender tanta droga como qualquer comerciante ou vizinho da zona. Outros argumentos som que param os autocarros e molestam a gente, e que a soluçom passa por peatonalizar a rua…
Noutro bairro, a rua do Papagalho já sufrira a transformaçom da especulaçom. Os bares de alterne da zona foron derrubados e borrada a sua memória das nossas retinas para sempre, dando passo às novas e frias torres de vivendas vazias de pessoas e cheias de especulaçom, com um hipercor rezém aberto e rezém fechado. Algumhas vizinhas de Monte Alto lembram como viviam moitas das vizinhas dos quartos das putas, na perruqueria, na panadaria, coidavam os nenos/as das próprias vizinhas, etc, etc… A nossa cara amiga Fernanda fala de PAM DE CONA, por todo o que derom de comer estas mulheres do Papagalho às famílias do bairro. Mulheres como as do Orçam, cheias de coragem, resistem trabalhando na rua sem nenumha prestaçom social nem direito laboral….
NOM PENSAMOS IR DE COMPRAS POLA RUA ORÇAM!!! Direitos para as trabalhadoras sexuais já!!!

O dia 13 a Acción Manta Branca sae ás ruas de várias cidades do Estado, dentro da campaña pola despenalización do top manta.
SITUACIÓN:
Nos últimos anos, diferentes colectivos sociais comezamos a chamar a atención sobre o uso absolutamente desproporcionado do actual Código Penal para sancionar a venda na rua de cds, dvds e produtos de marcas falsas. A simples tenéncia ou exposición deste material está-se castigando con 6 meses a 2 anos de prisión (sustituíble por expulsión e proibición de retorno á UE durante 10 anos), multa (que se non se paga convírte-se en mais tempo de prisión) e o pago de altas indemnizacións ás xestoras de dereitos de autor.
Quen venden na rua estes produtos son, maioritáriamente, persoas sen papeis que non poden regularizar a sua situación, co que se atopan nunha especial vulnerabilidade legal e social. Moitas desas persoas sen papeis ven na venda ambulante a única saida para conseguir unha renda mínima, normalmente duns 10 € diários. Na actualidade hai un cento de persoas en prisión por intentar sobrevivir e centos mais con causas penais abertas pola mesma actividade.
O dereito dos artistas a vivir das suas obras debe ser protexido, pero non ao prezo da desproporción coa que o Código Penal trata ao colectivo manteiro. Hai xa outras ordes xurídicas (administrativa ou civil) que sancionan a venda de cds, dvds e produtos de marcas falsas nas ruas, co cal esta actividade deberia sair do eido penal, no cal só deben estar os delitos mais graves. Tanto por unha cuestión de proporcionalidade, canto polo importante gasto público que supón a posta en marcha do sistema penal.
POR QUE NESTE MOMENTO?
No marco da reforma do Código Penal que se está a levar a cabo no Congreso na actualidade, o Goberno aprobou unha proposta relativa á venda na rua de cds, dvs e produtos de marcas falsas. Esta apertura ao debate é moi positiva, pero a proposta queda claramente curta: deixa a posibilidade de ingreso a prisión á decisión discrecional dun xuíz e non elimina a sustitución da multa por prisión cando as persoas non poden afrontar o pago.
Por iso, diferentes colectivos sociais teñen presentado enmendas que van na liña de evitar que persoas que venden pequenas cantidades de cds, dvds e produtos de marcas falsas nas ruas sen outros recursos económicos vaian a prisión. É dicir, que de ningún xeito pode penalizarse a supervivenza.
Por iso, estamos nun momento fundamental para a modificación do Código Penal neste punto, para acadar un cámbio lexítimo e xusto.
UNHA ACCIÓN SIMBÓLICA NAS RUAS DA CORUÑA:
Afortunadamente A Coruña é un lugar que non ten presenciado manifestacións de xenofóbia frecuentes noutros lugares do Estado. Con todo, nos últimos anos certas asociacións de comerciantes, co apoio dalgúns médios e das institucións “progresistas” da cidade teñen feito da persecución do top-manta un campo de batalla. Os problemas do comércio tradicional da cidade non teñen que ver coas mantas, senón co cámbio do modelo de consumo e a chegada de múltiples centros comerciais. Non obstante, é mais doado buscar chivos expiatórios nas persoas sen dereitos, para as cais non se ten mais intelixéncia que a de reclamar a sua persecución policial. E isto ao prezo de poñer en marcha unha retórica a todas luces xenófoba, imprópria dun sistema democrático.
O top-manta convoca, en cámbio, a facer-se outras preguntas, se cadra mais incómodas: Por que algunhas persoas se ven obrigadas a estar nun lado da manta e outras simplesmente pasean polo outro? Con esta acción queremos expresar que é inaceptable a persecución de quen está situado en peores condicións que as nosas, en nome da nosa seguridade, do noso benestar, e a través dunha mala aplicación da protección á criación artística. Tráta-se de compoñer unha mensaxe que pon de relieve o sensentido do tratamento do top-manta: vendedorxs brancxs, artistas, xuristas… facendo o que a lei considera tan grave como para levar a alguén a estar dous anos no cárcere.
ONDE E CANDO
• A Coruña (Obelisco, ás 19 h)
• Barcelona (Pl. Catalunya, ás 18h)
• Madrid (Callao-Sol, ás 13 h)
• Málaga (Plaza de la Merced, ás 19 h)
• Pamplona (Plaza del Ayuntamiento, ás 19 h)
• Terrassa (Pl. Vella, ás 19h)
A semana seguinte, mais, en Bilbao, Sevilla, Zaragoza…
Mais información: Ferrocarril Clandestino (www.transfronterizo.net)

o 8M foi um dia feliz e reivindicativo para todas nós, umha grande festa de bairro da que deijamos umhas cantas imagems
bejios a toda a plataforma feminista que fixo posibel este día

mais fotos no flickr